Senior 1º 7 de novembro

SIGALTEC VILLAGARCÍA CLB 67/62 C.B.BERBERECHOS NOIA

O berberecho noia cae derrotado en Vilagarcia tralas malas decisións nos minutos finais do partido, a pesar da derrota, os noies se levan o basket average.

O partido comezou con moita igualdade cos dous equipos tratando impoñer o seu xogo, pero no segundo parcial os locais impuxeron a súa defensa provocando numerosas perdas de balón para os visitantes, chegando ao descanso 33-22.
Despois do paso polos vestiarios, os berberechos saíron coas ideas máis claras cunha boa circulación de balón puideron adiantarse no marcador. No último cuarto de partido notouse a tensión con mínimas vantaxes para os visitantes, pero nos últimos minutos dúas triplas consecutivas dos vilagarciáns daríanlle a volta ao electrónico e levaríanse a vitoria. Os últimos segundos ambos equipos xogaron co basket average que finalmente foi a favor do baloncesto noiés.

Parciais
18-13 / 15-9 / 16-28 / 18-12

Xogaron e anotaron
Mario 9
Mateo 1
Lodeiro 2
Real 2
Manu 23
Adrian
Pilli 11
Luka 5
Santi 5
Hugo
Ollo 2
Serxo 2

Leave a Reply