Senior 1º 16 de xaneiro

C.B. BERBERECHOS NOIA  61 / 60 GAIA

Os noieses gañan nos últimos segundos un encontro que se facía cada vez máis complicado a medida que pasaban os minutos.

Comezaron o partido cos locais dominando na pintura e anotando con facilidade, logrando vantaxes de máis de dez puntos. Pero a partir do segundo cuarto a dinámica do partido cambiou a favor dos visitantes, mudaron a súa defensa e foron quenes de frear a ofensiva dos noieses, chegando ao descanso 29 a 22.
Tralo obrigado descanso, os locais melloraron o seu ataque pero en defensa non foron quen de frear o acerto dos visitantes que seguían reducindo a desvantaxe no marcador. No último cuarto do partido chegaría a remontada para os portugueses e a maiores conseguirían seis puntos de vantaxe, pero a reacción dos locais chegaría con dúas triplas e un par de boas defensas, chegarían a un punto con 34 segundos para o final, unha gran defensa Permitiu aos locais ter unha posesión para adiantarse e non fallaron, quedaban 2 segundos e posesión para os visitantes que non puideron facer un tiro cómodo. Finalmente vitoria para os noieses con moito sufrimento.

PARCIAIS

22-8 / 7-14 / 17-21 / 15-17

XOGARON E ANOTARON
Mario
Mateo 5
Lodeiro 4
Real 8
Manu 14
Pilli 6
Santi 4
Hugo 3
Ollo 2
Serxo 2
Ángel 13

Leave a Reply