Senior 1ª División 12 Novembro

CB Allariz 85   –   80 CB Berberecho de noia

Parciais: 24-22/15-17/25-21/20-20

Saldouse cunha estreita derrota por 5 puntos a visita do CB Berberecho de Noia a vila Ourensa de Allariz no partido correspondentea 6ª xornada da 1ª división senior masculina. Iniciaba o partido abrindo o marcador unha canasta do Noies Ángel Gómez, se ven pronto espertarían os locais que abrían a primeira brecha no marcador, 9 a 2. Reaccionaban os barbantinos cun parcial que os situaba novamente por riba no marcador. Tras un intercambio de golpes, finalizaba o primerio cuarto cunha ventaxa local de 24 a 22.
No segundo acto o noieses despregaron un gran baloncesto que os fixo chegar a ter unha renta ao seu favor de 5 puntos, 34 a 39, pero os problemas coas faltas, a escasa rotación e o acerto dos locais facían que se chegase oa descanso co marcador reflexando un 39 a 39.

Novamente a igualdade e a alternancia no marcador foi o sino do terceiro período que cun arreon final dos alaricanos os situaba con 4 puntos de ventaxa tras 30 minutos de xogo. No último acto, os locais sairon mas enchufados ao encontro ante a feble defensa visitante, endosandollen aos noieses un parcial de 9 a 0 en apenas 3 minutos que lles daba unha renta de 13 puntos, 73 a 60, que semellaba sentenciar o encontro. Con 7 minutos por disputar, os xogadores da ría de noia voltaron ao encontro e pouco a pouco foron reducindo a distancia no marcador. Unha tripla de Santi Lope, metía de cheo a os visitantes novamente no encontro poñendo o 75 a 73 no marcador cando restaban 3 minutos de encontro. Finalmente, e a pesar dos esforzos dos noieses a victoria ficou na vila alaricana nun encontro que tivo emoción ata o último minuto do encontro.
Cb Allariz: iago feijo (4), Javier cerviño (3), Sergio Vázquez (4), Miguel Pérez (-) David fidalgo (3), Samuel González (19), Alfredo Ibáñez (3), Alonso vasalo (19), Javier cid (30) e Gabriel González (-).
Cb Berberecho de noia: Manuel basante (11), Noel pouso (2), Santiago lope (12), ivan couce (12), Angel Gómez (4), roi González (12) e Manuel cachopas (27).

Leave a Reply