Junior Masculino 6 de marzo

Ames 36 – 61 noia Lolita moda

Épica vitoria do júnior masculino, os noieses viaxaron ao Milladoiro con só 5 xogadores dispoñibles entre lesionados e enfermos, os pupilos de Jesu Souto deron o máximo para lograr unha vitoria na que acabaron xogando toda a segunda metade con 4 xogadores, debido a unha lesión de facundo.
Os locais comezaron cun ritmo alto e lograron as primeiras vantaxes, pero os visitantes reaccionaron cunha boa circulación de balón e puideron impoñerse no primeiro cuarto. No segundo cuarto, unha gran defensa e o acerto no lanzamento exterior dos noieses permitiulle ampliar a vantaxe no electrónico e chegar ao descanso 13 a 28, pero coas malas noticias da lesión de Facundo.
Tralo Paso polos vestiarios, os visitantes saíron concentrados tanto en ataque como en defensa, facendo un gran esforzo, deixando aos locais sen capacidade de reacción. No último cuarto a vantaxe no marcador seguiu aumentando a favor dos noieses, logrando unha vitoria de moito mérito.

Parciais:
8-13 / 5-15 / 10-17 / 13-16

Xogaron e anotaron:
Hugo 10
Pinto 8
Facundo 4
Noel 24
Isma 15

Leave a Reply