Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio bigslam se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121

Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio goodlayers-core se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121
Junior Masculino – Club Baloncesto Noia

Junior Masculino

La Salle 59-28 CB Noia Autos Patiño

Tanteo por cuartos: 17-6/16-6/13-12/13-4

Terceira xornada para o CB Noia Autos Patiño nesta competición que se celebrou na tarde do domingo en Santiago de Compostela no polideportivo do colexio de La Salle fronte ao seu Junior masculino, deixando unha nova derrota para os noieses nun partido dominado claramente polos santiagueses de comezo a fin.
Na primeira metade os nosos careceron de intensidade en defensa, permitindo canastras fáciles e segundas oportunidades aos locais que non as desaproveitaron para destacarse no marcador rapidamente. A este feito debemos sumarlle o gran desconcerto que se deu en ataque, sen ideas e con pouca orde, que derivou na perda de varias posesións ou en finalizacións moi complexas. Todo isto repetiuse no segundo cuarto, chegando ao descanso cun marcador de 33-12.
O terceiro cuarto foi o mellor momento para os noieses, que se aplicaron máis en defensa e conseguiron atacar de maneira organizada, respetando espacios e buscando boas situacións de 1v1, mais isto non foi suficiente para reducir a renda, que despois dun último cuarto na liña da primeira parte deixou un marcador final de 59-28.
Xogaron e anotaron:
Brais–> 6 puntos
Jaime–> 6 puntos
Leo–> 6 puntos
Brayan–> 4 puntos
Iker Queiro–> 4 puntos
Álex–> 2 puntos
Iker Freire
Joaquín
Joel

Leave a Reply