Junior Femenino 30 outubro

CB NOIA PORTUS APOSTOLI 40-46 CARMELITAS JUNIOR FEMENINO
Partido disputado na tarde do sabado no pavillón Alonso Rodriguez.
Comezaba o partido con unha igualdade total, predominando a defensa sobre o ataque en ámbolos dous equipos, tan só unha defensa en zoa por parte das ourensáns o inicio do terceiro cuarto cambiou o ritmo de partido dandolle unha pequena renda o equipo visitante.
A pesares de ir case todo partido a remolque e de agradecer o esforzo e loita das nosas xogadoras, esa é a actitude, e quizais os erros en canastras doadas penalizounos no resultado final.
Tamén quero salientar a boa disposición de todo o equipo, pois nun plantel tan amplo e moi difícil xestionar de maneira satisfactoria para todas os minutos de xogo, grazas por entendelo.

Parciais

9-11/11-13 10-10/10-12

Xogaron e anotaron
Carla 3
María 3
Iria 7
Elena 4
Luar 2
Antía G 2
Noa 2
Mariña 8
Cayetana
Antía A 3
Jimena 4
Andrea 2

Leave a Reply