Junior Femenino 24 outubro

CB NOIA PORTUS APOSTOLI 51 / 58 ALMACENS GAMALLO AB XINZO

Volta dun equipo xuvenil femenino a competir no Alonso despois de non poder contar con esta categoría durante unha longa tempada.
Día chuvioso e gris, e así se desenrolou o noso partido dun xeito gris , onde as nosas rapazas a pesares de loitar durante todo encontro, non foron quen de tapar a vía de auga continúa na defensa do lado débil.
Comezou o partido con moito desacerto nos dous equipos chegando o final do primeiro cuarto con un axustado 8 a 9.
O segundo cuarto foi o máis impreciso por parte do equipo local, desorde no ataque e numerosos erros defensivos sobre todo a hora de facer o balance defensivo,neste periodo o equipo visitante foi quen de conseguir unha renda de 10 pts a posteriori definitiva.
Tras o paso polo vestiario o equipo foi quen de reducir a renda ata os 6 pts, pero o desacerto no tiro exterior e de novo os erros defensivos puxeron o equipo de Xinzo 14 arriba con un cuarto por xogar.
Pero si algo ten interiorizado este equipo e o de morrer matando, loitando cada segundo, cada balon fomos quen de reducir a diferenza ata os definitivos 7 pts finais.

Parciais

8-9/11-20_14-18/18-11

Xogaron e anotaron
María 5
Iria 3
Elena 6
Luar 8
Antia G
Noa 5
Mariña 4
Cayetana 2
Antia A 9
Jimena 2
Andrea 2

Leave a Reply