Infantil masculino Liceo Noia

Cia María 80 – 48 CB Noia Liceo
Parciais:
20-6 / 21-16 / 14-15 / 25-11

Bo partido do noso infantil pese á abultada derrota.
Partido xogado na tarde do sábado na fría cancha de Compañía. Comezamos o partido un pouco adormecidos, perdendo numerosos balóns ante a forte presión do equipo local. Despois deste frío comezo a cousa foi máis parella, sendo capaz de xogarlle de ti a ti a un dos galos da categoría durante o segundo e terceiro cuarto. No último período o parcial que sufrimos foi contundente, pero pola nosa parte o traballo xa estaba feito.
Noraboa rapaces.

Xogaron e anotaron:
Raúl
Brayan 1
López 23
Beltrán
Freire 2
Queiro 8
Joel
Carou
Agustín
Leo 14
Román

Leave a Reply