Infantil Masculino

 

CB Noia Liceo 36 – 34 San Pelayo

Parciais: 11-8 / 11-6 / 2-13 /12-7

Innauguraban o ano os infantís cun partido por todo o alto, posto que se enfrentaban os dúos inicos equipos invictos da terceira división infantil, o CB Liceo Noia e San Pelayo de Santiago. Non foi un encontro moi vistoso, tal e coma reflicte o marcador, 36 a 34 para os noieses, pero sí cheo de deportividade, entrega e emoción en grandes cantidades. Comezaban os compostelans tomando a dianteira no encontro con pequenas rentas de 1 e dous puntos, pero amarelos conseguían voltear o marcador no tramo final do primeiro cuarto para rematar impoñéndose 11 a 8. No segundo período, os noieses grazas a unha boa defensa, e a un bo xogo combinativo en contrataque conseguían unha ventaxa de 8 puntos ao descanso, 22 a 14.

Na segunda metade, a defensa zoal compostelana complicaba o ataque dos barbantinos o que propiciaba retomasen a dianteira finado o terceiro acto, 24 a 27. Melloraban a circulación de balón os locais no último cuarto, que comezaban a atopar algún oco férrea defensa picheleira. A igualdade sería unha constante neste último cuarto, a falta de 18 segundos unha cansatra de Beltrán Oviedo deixaba o marcador cun 36 a 34. Solicitaba tempo morto a adestradora compostelana para preparar a última xogada do partido. Os noieses, ao igual que durante os 39 minutos anteriores, mostraronse firmes na súa defensa, imposibilitando a canasta compostelana e deixando o 36 a 34 final no marcador.

Cb Liceo Noia: Ángel Iglesias (2), Manu Freita (13), Iván Creo (-), jacobo Pía (3), Lucas Ávila (2), Izán Busto (6), Beltran Oviedo (10), Noel Fernández (-), Nazan Sendón (-), Mateo Creo (-).

Leave a Reply