Cadete Femenino

CB Noia Autos Patiño 54 – 41 AD Básquet Ames

Tanteo por cuartos: 10-13/17-13/16-8/11-7

Volta á senda da victoria para o noso cadete feminino no comezo da segunda volta da competición fronte ao AD Básquet Ames na mañá do domingo no Alonso Rodríguez. Despois de sufrir a primeira derrota da tempada, as xogadoras locais conseguiron unha victoria meritoria fronte a un equipo visitante que non puxo as cousas fáciles. O primeiro cuarto deixou claras as intencións das visitantes, índose arriba no marcador con transicións rápidas finalizadas con canastas fáciles. No segundo cuarto as nosas atoparon o seu ritmo de xogo cunha presión a toda pista que lles permitiu roubar varios balóns para irse ao descanso cunha vantaxe de 1 punto, 27-26. Na segunda metade seguiu a intensidade defensiva por parte das noiesas, que combinado cun bo acerto no tiro exterior permitiu pechar o partido cunha diferenza de 13 puntos a favor, colleitando deste xeito a oitava victoria desta tempada.
Xogaron e anotaron:
Andrea–> 16 puntos
Elena–> 15 puntos
Sara–> 11 puntos
Leire–> 5 puntos
Noa–> 4 puntos
Alicia–> 3 puntos
Lía

Leave a Reply