Cadete Femenino

CB Noia Autos Patiño 60 – 40 Galoteo

Tanteo por cuartos: 15-5/14-14/16-11/15-10

E chegou a décima vitoria para o noso cadete feminino fronte ao Galoteo no partido xogado na tarde do domingo no Alonso Rodríguez, unha boa forma de rematar a semana. O primeiro cuarto, marcado por unha gran diferenza no acerto entre ambos equipos, decantouse para as noiesas dispoñendo dunha vantaxe de 10 puntos ao final deste primeiro período. No segundo cuarto a igualdade foi a tónica xeral, con canastras fáciles por parte dos dous conxuntos e erros importantes en defensa, propiciando un marcador de 29-19 ao remate da primeira metade do encontro. A segunda metade tivo un guión moi similar ao do segundo cuarto, con oportunidades para locais e visitantes por igual, sendo decisivo o maior acerto por parte das nosas, o cal permitiu extender a vantaxe ata os 20 puntos ao final do partido.
Xogaron e anotaron:
Lía–> 13 puntos
María–> 12 puntos
Noa–> 11 puntos
Leire–> 9 puntos
Andrea–> 7puntos
Elena–> 6 puntos
Sara–> 2 puntos
Alicia
Candela

Leave a Reply