Parrillada Ourense Club Baloncesto Rianxo 52-59 CB Noia Autos Patiño
Tanteo por cuartos: 11-20/12-18/14-9/15-12
Novena vitoria do cadete feminino na mañá do domingo fronte ao Parrillada Ourense Club Baloncesto Rianxo no polideportivo municipal de Rianxo. Un encontro no que, claramente, as noiesas foron de máis a menos durante o partido fronte ao colista desta fase da competición. O partido comezaba con incerteza para as visitantes, pero a base de roubos de balón e transicións rápidas tras rebote, foron quen de abrir as primeiras diferenzas no marcador. O segundo cuarto foi un calco do primeiro, chegando ao descanso cunha vantaxe de 15 puntos para as nosas, 23-38. Na segunda metade cambiou o desenvolvemento do partido completamente, as locais comezaron cunha defensa en zona que mantiveron ata o final do partido, dificultando o ataque das noiesas e conseguindo que comezaran a abusar do tiro exterior con escaso acerto. Esto permitiu ás locais achegarse no marcador, en parte, por un mal traballo na faceta defensiva das noiesas, concedendo moitas canastras fáciles para as de Rianxo. Con isto chegouse a un final apretado con só 7 puntos de vantaxe para as nosas nun partido trabado e con moitas dificultades pola falta de intensidade xeral e o pouco acerto no tiro exterior.
Xogaron e anotaron:
Andrea–> 16 puntos
Elena–> 11 puntos
Leire–> 11 puntos
Noa–> 7 puntos
Lía–> 7 puntos
María–> 4 puntos
Candela–> 3 puntos
Alicia
Sara