Cadete Femenino 15 de Xaneiro

Galogrín 38-52 CB Noia Autos Patiño

Tanteo por cuartos: 6-13/12-7/16-11/4-21

Séptima victoria consecutiva para o noso cadete feminino na xornada matinal do domingo fronte a Galogrín no polideportivo de Calo. Partido moi trabado por parte das nosas xogadoras, que pese a iniciar un primeiro cuarto sendo quen de sacar unha lixeira vantaxe a favor, viñéronse abaixo os seguintes períodos. Durante o segundo cuarto e á volta do descanso as noiesas xogaron sen ritmo, deixadas en defensa e atascadas en ataque. Un tempo morto nos últimos intres do terceiro cuarto fixo espertar ás nosas, entrando no último cuarto con outra disposición. Esta vez si, as nosas comezaron a ser máis intensas en todas as facetas do xogo, presionando a toda pista, aproveitando transicións rápidas e atopando bos tiros en posicións liberadas. Todo isto para rematar cunha vantaxe de 14 puntos despois dun parcial de 4-21 no último cuarto. Destacar o traballo e o compromiso de Andrea que foi a única infantil que veu xogar co cadete pese a ter partido co infantil poucas horas máis tarde, facendo ademáis unha notable aportación no xogo, tanto ofensivo coma defensivo. A semana que ven teremos o derradeiro partido da primeira volta contra Peleteiro no que se intentará manter a nosa condición de invictas nesta fase da competición.
Xogaron e anotaron:
Andrea–> 15 puntos
Elena–> 13 puntos
Lía–> 10 puntos
Noa–> 5 puntos
María–> 4 puntos
Candela–> 3 puntos
Alicia–> 2 puntos

Leave a Reply