Cadete Femenino 12 de Novembro

Galoteo 32-42 C.B.Noia Autos Patiño

Tanteo por cuartos: 3-4/6-15/13-13/10-10

Terceira xornada para as nosas rapazas do cadete feminino fronte ao Galoteo nun encontro disputado nos Tilos. O partido comezou cun primeiro cuarto moi trabado, cas locais errando moitas ocasións de canastra e cas visitantes atrancadas en ataque abusando do tiro exterior sen acerto, acabando o período cun reducido parcial de 3-4. O conto cambiou no segundo cuarto onde as noiesas atoparon o seu ritmo de xogo, con canastras fáciles tras recuperación e con ataques máis pausados que permitiron atopar espazos e vantaxes, levando ás nosas a chegar ao descanso cun marcador de 9-19, unha diferenza que sería crucial para o final do encontro. A segunda metade semellou un calco do primeiro cuarto, pero con maior acerto para ambos equipos, que igualaron os tanteos en ámbolos dous cuartos, permitindo que a diferenza obtida no segundo cuarto polas noiesas fose de gran importancia para acadar a terceira victoria da tempada.
Xogaron e anotaron:
Maria–> 5 puntos
Elena–> 19 puntos
Sara–> 2 puntos
Lía–> 11 puntos
Andrea–> 3 puntos
Leire–> 2 puntos
Adriana
Alicia
Candela
Sofía

Leave a Reply