Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio bigslam se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121

Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio goodlayers-core se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121
Cadete Azul 08 de Outubro – Club Baloncesto Noia

Cadete Azul 08 de Outubro

Cb noia azul 70 – Peleteiro 73

22/9 15/23 18-16 15/25

Vibrante encontro o disputado polo cadete masculino Azul fronte ao equipos compostelano do Peleteiro que finou en derrota para os amarelos por un axustado 70 a 73. Saían os noieses cun alto ritmo de xogo, o que gracias a rápidas transición eo acerto dende a liña de 6,75, abrían unha renda no marcador de 13 puntos ao remate do primeiro acto, destacar a perda de Dani Boo aos poucos intres de entrar ao terreo de xogo, non puidendo voltar a mesma. No segundo acto os compostelans impoñíanse neste parcial e recurtaban a a diferencia dos noieses a 6 puntos, 37 a 31.

Saían febles os locais tralo descanso, o que propiciaba que os Santiagueses do Peleteiro se achegasen ao marcador 40 a 38. Pouco a pouco, os noieses voltaban retomarlle o pulso ao encontro, e remataban o terceiro cuarto con 8 puntos de ventaxe, 55 a 47.

Novamente o equipo picheleiro, cun gran acerto dende a liña de 3, remaba para recurtar a diferencia no marcador, chegando se así cun empate a 62 a falta de 2:50 para o remate e con todo por decidir. Unha tripla compostelana poñia aos visitantes 1 arriba a falta de 2 minutos. Os noieses floxeaban no balance defensivo o que permitía aos colexiais unha renda de ata 6 puntos, 67 a 73. Chegabase aos ultimos 10 segundos con 3 abaixo e posesión para os amarelos que sacarían de campo de ataque. Terían dúas triplas os noieses para tentar levar o encontro a prórroga pero non acertaron co aro. Finalmente victoria compostelana 70 a 73 nun emocionante encontro que serviu como pistoletazo de saíada dunha nova tempada.

Leave a Reply