Junior Masculino 15 de xaneiro

C.B. NOIA LOLITA MODA 59/57 BASKET AMES 

O júnior masculino volveu á competición tralo parón de Nadal, e faino cunha vitoria nos últimos segundos ante o Ames.
Os visitantes comezaron mellor o partido, marcando con soltura e logrando as primeiras vantaxes no marcador. Pero no segundo cuarto, os noieses impuxeron o seu xogo para chegar ao descanso cunha pequena vantaxa de dous puntos, 27 a 25.
Tralo Paso polos vestiarios, os locais mantiveron o seu bo facer en ataque cunha gran circulación de balón e foron ampliando vantaxa no electrónico. Nos últimos dez minutos de partido, os visitantes reaccionaron aumentando a súa intensidade defensiva e o seu acerto no tiro exterior, empatando a falta de dez segundos para o final, pero na última xogada do encontro os pupilos de Jesu Souto puideron ler ben en defensa e conseguir a canastra gañadora.

PARCIAIS
10-13 / 17-12 / 22-16 / 10-16

XOGARON E ANOTARON
Brais 2
Martín 9
Hugo 10
Pinto 5
David 11
Facundo 2
Marco 19
Isma 1

Leave a Reply