2ª División senior femenino Portus Apostoli

Noia Portus Apostoli 51 – 57 Seis do Nadal

Comenzou o encontro cunha alta intensidade por parte de ambos equipos, resultándolle moi difícil ás nosas entrar nunha boa dinámica de partido e cometendo moitos erros, tanto en ataque como na defensa. Tras o descanso renovaron a actitude e gracias a boas defensas recortaron a distancia considerablemente, pero non o suficiente como para levarse o encontro, finalizando este cun resultado de 51 a 57.

Parciais: 12/24, 8/12, 9/10, 21/11

Xogaron e anotaron:

Laura (2), Iria, Carmen (13), Miriam (19), Carla, Antía (2), Sara (4), Andrea (11)

Leave a Reply