Cadete Femenino 8 de Outubro

CB NOIA PORTUS APOSTOLI 53-41 CB BRIÓN ALBORADA

15-02/15-13_10-14/13-13

Partido disputado na calurosa tarde do domingo no pavillón Alonso.
Comezaba o partido cos nervos típicos do primeiro partido da tempada, pero cas nosas rapazas ca intención de dinamitar o partido no primeiro cuarto, intensidade, numerosos roubos e doadas finalización permitiron un parcial de 15 a 2.
Despois de ese periodo o equipo foi quen de vivir da renda acadada.
O desorde no ataque e a precipitación deixaron alento as visitantes para pensar na remontada, pero no momento de máis dificultade o equipo era quen de facer as mellores xogadas mantendo o pulso durante todo o encontro.
Non queda outra que intentar minimizar os erros e procurar disfrutar de cada minuto de xogo.
Noraboa e a seguir traballando.

XOGARON E ANOTARON
MARA. 6
XIANA.
LEIRE. 16
LIA. 14
NOA B. 4
NOA H.
ALICIA.
ANDREA. 12

Leave a Reply