Senior 1ª División

CB Berberechos de Noia 72 – -63 PBB MAceira Godoy

Parciais: 23-7 / 12-6 / 19 -16 / 18-24

Bo encontro o que puideron presenciar os espectadores que o pasado sábado se achegaron as gradas do Alonso Rodríguez, onde o Cb Berberecho de Noia se impoñía ao Godoy Maceira de Porriño, 72 a 63. Destacar que ambos conxuntos chegaban con numerosas baixas.

Os de Ángel Castro comezaban o encontro cunha boa defensa o que unido ao acerto dende a liña de 6,75, propiciaba que os amarelos abrisen brecha no marcador con 12 a 1 transcurridos 6 minutos de xogo. Os locais, ben asentados na pista, a gazas a un bo traballo colectivo conseguían pechar o cuarto cun sorprendente parcial de 23 a 7.

No segundo cuarto, os noieses seguían a dominar o tempo do partido, o que unido ao desacerto dos porriñeses dende a liña de tiros libres e ao bo facer defensivo dos locais, a ventaxa se incrementase ata os 19 puntos, 29 a 10 no ecuador do período. Non todo era ouro para os do Berberecho, xa que a medida que pasaba o tempo, comezaban a ter problemas de faltas entre os seus xogadores grandes, que xa de por si era un problema ao contar só con sete xogadores para este encontro. Así pois, chegábase ao descanso cun 35 a 23 no marcador a favor dos locais.

Non empezaba ben o terceiro acto para os locais, que nas primeiras accións vían coma Miguel Gil e Iván Couce debían ir ao banco ao sumar a súas terceiras faltas. A pesar de contar cun quinteto físicamente inferior, o  bo traballo noies, permitiu os locais impoñerse neste parcial, e encarar o último cuarto con 15 puntos ao seu favor, 54 a 39.

A pesar de que o alapivot noies Angel Gómez fixo a rutina de quecemento co seu equipo, non estaba previsto que participase no encontro ao non poder adestrar en toda a semana, e non estar recuperado do seu problema cervical, pero ante o problema de faltas que presentaba o equipo, unido aos poucos xogadores dispoñibles, Gómez non dubidou en saltar a pista e axudar aos seus compañeiros no último período. Tocáballe sufrir aos noieses ante un aguerrido Porriño que trataba de subir líneas para meterse no partido. O encontro trabouse nos últimos 5 minutos de xogo, volvéndose moi físico con constantes faltas por ambos, con 3 eliminados por 5 faltas no bando local, e 1 nos visitantes. Finalmente importante victora do Berberecho de Noia, 72 a 63, que os permite acadar o seu cuarto trunfo da tempada, terceiro consecutivo, para colocarse na segunda posición cun bagaxe de catro victorias e dúas derrotas.

Cb Berberecho de Noia: Jorge Pérez (21), Mario Rodríguez (16), Anxo Vázquez (4), Sergio Furelos (1), Iván Couce (-), Angel Gómez (-), Miguel Gil (17) e Chico Barreiro (13).

PBB Maceira Godoy: Terry Bardasz (2), Yago Mosteiro (-), Daniel Dominguez (6), David López (8), Iñigo González (19), Daniel López (4), Mauro Pérez (-), Joel Martinez (8) e Jorge Aller (16).

 

Leave a Reply