Senior 1ª División 21 de Outubro

CB Berberecho de Noia 67 – 45 CB O Meco

Parciais: 14-12 / 21-9 / 16-14 / 16-10

Tras disputar as dúas últimas xornadas coma visitante, o CB Berberecho de Noia voltou este pasado sábado ao Alonso Rodriguez, e con el retomou a senda da victoria ante o CB Meco. O conxunto amarelo basou a victoria na súa superioridade física, e nun bo traballo defensivo que levou a os noieses a impoñerse no 4 períodos de xogo, para deixar o marcador no 67 a 45 final, a pesar de mostrar uns baixos porcentaxes de acerto de cara ao aro, especialmente dende a liña de tiros libres.

O encontro iniciabase cos dous equipos pouco acertados de cara ao aro, boa proba disto e o 6 a 2 que reflexaba o marcador a favor dos locais unha vez trascurridos os primeiros 6 minutos de xogo. Unha tripla do base Jorge Perez, e unha canastra do aleiro Miguel Gil situaba os noieses 11 a 2 no electrónico a falta de 2 minutos para rematar o primeiro acto. Con 7 puntos case seguidos do base Martín Dominguez, e unha tripla sobre a bocina dos visitantes, espertaban os arousans para deixar o marcador nun 14 a 12 tralos primeiros 10 minutos de xogo.

No segundo acto, os do Berberecho de Noia voltaban aumentar a renda, esta vez ata os 14 puntos, 31 a 17 cando restaban 2 minutos para itr ao descanso. Novamente, un pequeno arreon visitante no último minuto, deixaba o marcador no 35 a 21 do descanso.

Nos restantes 20 minutos de xogo, o equipo visitante non lle perdeu a cara ao encontro, pero o noia, a pesares de non mostrarse moi acertado de cara ao aro, gracias ao seu bo facer defensivo por momentos, foi pouco a pouco incrementando a diferencia no luminoso ata o 67 a 45 final.

 

Con esta victoria os noieses acadan a segunda victoria tempada, contando cun balance de dúas victorias e dúas derrotas.

CB Berberecho de Noia: Jorge Pérez ( 12), Mateo Queiruga (3), Anxo Vázquez (-), mario Rodriguez (8), Iván Couce (6), Angel Gómez (13), Miguel Gil (15), Santi Lope (9) e Chico Barreiro (1).

 

Leave a Reply