Ames Obradoiro 81-44 CB Noia Autos Patiño
Tanteo por cuartos: 23-12/21-13/18-5/19-14
Cuarta xornada desta primeira fase da competición para o noso Junior masculino que os enfrontaba na mañán do domingo ao Ames Obradoiro no polideportivo de Milladoiro e que se saldou cunha nova derrota para o equipo noiés cun marcador final de 81 a 44.
Os noieses acudían con baixas sensibles para este partido, pero coa ambición de mellorar o resultado e o traballo dos partidos anteriores, sobre todo promovendo un cambio a través da organización defensiva.
O partido foi dominado doadamente polos locais que en ningún momento viron o perigo por parte dos visitantes, o que lles permitía desenvolver un xogo fluido en ataque acadando notables diferenzas en todos os períodos. Hai que remarcar que o conxunto noiés foi quen de enlazar, por momentos breves, boas accións na pista ofensiva, mentres que a defensa seguía a ser o seu principal problema.
Luces e sombras para os nosos que para tratar de competir han de traballar en mellorar os seus conceptos defensivos, pois se os equipos rivais seguen anotando con tanta facilidade é difícil acadar bos resultados.
Xogaron e anotaron:
Brais–> 19 puntos
Iker Freire–> 7 puntos
Jaime–> 4 puntos
Leo–> 4 puntos
Marcos–> 4 puntos
Joel–> 3 puntos
Celso–> 3 puntos
Antón