Infantil masculino Liceo Noia

C.B. Noia Liceo 70 – 66 C.B. Rianxo

Parciales: 14-9 / 11-16 / 20-20 / 25-21

Sufrida victoria do noso Infantil.

Partido de infarto o xogado na tarde do domingo no Alonso Rodríguez. Comezou o partido con numerosas imprecisións nos dous equipos, cun equipo visitante concedendo o tiro exterior e o equipo local desacertando no mesmo. Cando fomos quen de correr ó contraataque conseguimos acadar unha pequena vantaxe. No segundo cuarto os numerosos fallos de concentración na defensa axudou ó equipo visitante a igualar o partido chegando ó descanso empatados a 25. Na segunda parte os ataques primaron sobre a defensa con boas transicións defensa-ataque pero tamén con desacerto no apartado defensivo, chegando ó último cuarto con igualdade absoluta. No derradeiro cuarto os nosos rapaces romperon o partido acadando unha vantaxe de ata dez puntos cun gran acerto tiro exterior e mellorando a intensidade defensiva, pero todo foi un espellismo, pois o desacerto en canastras doadas e os erros a hora de sacar de fondo volveron igualar o partido nun final non apto para cardíacos, a renda conseguida nos primeiros minutos de cuarto foi suficiente para levarnos o partido.

Raul 2

Brayan 5

López 18

Beltrán 2

Freire 6

Queiro 19

Joel

Adrián

Carou

Agustín

Leo 19

Román

Leave a Reply