Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio bigslam se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121

Notice: La función _load_textdomain_just_in_time ha sido llamada de forma incorrecta. La carga de la traducción para el dominio goodlayers-core se activó demasiado pronto. Esto suele ser un indicador de que algún código del plugin o tema se ejecuta demasiado pronto. Las traducciones deberían cargarse en la acción init o más tarde. Por favor, ve depuración en WordPress para más información. (Este mensaje fue añadido en la versión 6.7.0). in C:\Inetpub\vhosts\cbnoia.com\httpdocs\wp-includes\functions.php on line 6121
Senior Masculino – Club Baloncesto Noia

Senior Masculino

CB Berberechos de Noia 66 -75 CLB


Derrota na terceira xornada de liga do CB Berberecho de Noia por 9 puntos, 66 a 75, fronte o CBL de vilagarcía que tras 3 xornadas é o único equipo invicto do grupo. Partido igualado o disputado este pasado sábado no Alonso Rodriguez entre os noieses e os vilagarciáns que se decantou no último cuarto para o conxunto Arousán.

 

Comenzaba o encontro co equipo vilagarcián tomando a dianteira con pequenas ventaxes de entre 1 e 3 puntos. A forte defensa visitante, dificultaba o xogo local, si ben os noieses consegían manterse preto no marcador dos visitantes.

 

No segundo acto, a pesares das perdas de balón, os noieses comandados por Jorge Perez e Mario Rodriguez, conseguían voltear o marcador, e chegar así ao descanso cunha ventaxe de 35 a 32, tras un bo traballo defensivo.

 

Comezábase o terceiro cuarto e mantíñase a igualdade no marcador, si ben no ecuador do período os noieses voltaban a non atoparse cómodos ante a presión defensiva que os sometían os visitantes. Ritmo vilagarcían propiciaba que os visitantes acabasen o terceiro período volteando o electrónico e deixandoo nun 49 a 55 para os visitantes.

 

Probaba o adestrador local diferentes alternativas defensivas para tentar frear o ataque arousan no ultimo período, pero o acerto e bo facer visitante mantiña a diferenza no marcador. Nun arreón final, acercábanse os amarelos a 4 puntos, 62 a 66, cunha canastra de Jaime Nieto a falta de 3:20, pero os noieses quedaban sen folgos ante o empuxe visitante que finalmente non daba paior opción para que os locais pelexasen pola victoria deixando o marcador co 66 a 75 final.

 

Polo Berberecho de Noia xogaron: Jorge Pérez (15), Raul Martínez (-), Anxo Vázquez (6), Mario Rodriguez (16), Jaime Nieto (9), Raul Campuzano (2), Miguel Gil (14), Santi Lope (4) e Pedro Calvo (-).

Parciais: 14-17 / 21-15 / 14-23 / 17-20

 

Os noieses voltarán xogar na casa o próximo fin de semán, si ben cambiara o día de xogo para o domingo 17 as 17:00 horas no encontro que os medirá ao equipo vigués d

o 6 do Nadal.

Leave a Reply