Sigaltec CLB Vilagarcía 79 – 59 CB Berberechos de Noia
Parciais: 23-19 / 24-21 / 17-9 / 15-10
Contundente derrota por 20 puntos, 79 a 59, do CB Berberecho de Noia na súa visita o pasado sábado a pista do CLB Vilagarcía nunha pista que presentaba unha gran entrada de afecionados vilagarciáns. Os locais fraguaron a sua victoria grazas a unha forte defensa que sobre todo no terceiro cuarto maniatou o ataque dos de Ángel Castro.
Iniciabase o encontró con ambos equipos mantendo un alto ritmo de xogo, onde o intercabio de canastras e a alternancia no marcador foi constante ata que no tramo final do cuarto, os arousáns conseguían despegarse no marcador en 4 puntos, 23 a 19. No segundo cuarto mantívose o alto ritmo de xogo dos 10 primeiros minutos, o que propiciaba quenos parciais a favor de un e outro equipo. Finalmente chegabase ao descanso con marcador sinalando un 47 a 40.
Tralo paso polos vestiarios, chegaría o cuarto clave do encontró. Boa saída noiesa, que nos 2 primieros minutos de xogo recurtaban a diferenza no marcador ata os 3 puntos, pero ata ahí chegou a resistencia barbantina na pista vilagarcia. A pesar do bo inicio dos amarelos, o encontró entrou nunha fase de descontrol con ataques excesivamente rápidos por ambos conxuntos onde os locais saían beneficiados. Aprecipitación do ataque noies, había que sumar a intensidade e dureza da defensa arousán que estivesen case 6 minutos en anotar.
Chegabase ao último período cun 64 a 49 a favor dos vilagarciáns. Mudaban o plantexamente defensivo os amarelos, e seben conseguía frenar brevemente o ataque local, os noieses non conseguía un ritmo axeitado de xogo no ataque que lles permitise rebaixar a diferenza e achegarse no marcador. Co partido xa decantado, nos últimos intras os locais acabaron de despegarno no marcador para cerrar o enocntro co 79 a 59 final.
Polo Berbereacho de Noia xogaron e anotaron: Jorge Perez (6), Tomás Alvarez (11), Segio Furelos (3), Anxo vazquez (-), Mario Rodriguez (8), Ivan Couce (3), Angel Gómez (16), Miguel Gil (7), Santi Lopez (2) e Chico Barreiro (3).
Tras este encontró, o Berberecho de Noia chega ao ecuador da competición con bagaxe de 2 victorias e 5 derrotas co que a posibilidade de optar a entrar entre os 4 primieros clasificados comeza a complicarse. Os noieses non retomaran a competición ata o 6 de marzo cando se medirán na casa fronte ao BBC costa ártabra de Ferrol, 5 clasificado con 3 victorias e 4 derrotas.