Senior Masculino

CB Berberechos de Noia 70 – 55 Nexo 8 ETT NovoBasket

Parciais: 15-16 /24-6 / 16-14 / 15-19

Prácido victoria a colleitada polo CB Berberecho de Noia o pasado fin de semana fronte o Novobasket de Vigo por 15 puntos, 70 a 55, no que supoñía o último encontro da primeira fase da liga.

 

A pesar de finalizar os primeiros 10 minutos por debaixo do marcador, 15 a 16, pronto se distanciarían os noieses no marcador, grazas ao seu fo facer defensivo e ao acerto dende a liña de 3 puntos no segundo cuarto. Cunha renta de 17 favorable a os locais ao descanso, e sin que ningún dos dous equipo se xogase nada a nivel clasificatorio, os 20 minutos restantes serviron para que os noieses dosificasen minutos e administrasen a diferenza. Un peueno arreón con 3 triplas consecutivas dos vigueses no arranque do último cuarto, situaba aos olívicos a 12, o que obrigaba ao adestrador local a solicitar tempo morto. Voltaban reaccionar os amarelos que deixaban o encontro practicamente visto para sentenza a falta de 5 minutos. Finalmente victoria noiesesa por un incontestable 70 a 55.

 

Berberecho de Noia: Jorge Pérez (10), Anxo Vazquez (0), Mario Rodriguez (10), Ivan Couce (7), Angel Gómez (14), Miguel Gil (17), Sergio Furelos (0), Mateo Queiruga (9) e Noel Pouso (3).

 

 

Con este encontro os de Ángel Castro pechan a primeira fase da liga como terceiros clasificados do grupo sur cun balance de 8 victorias e 3 derrotas. A partir da próxima semán, os noieses comezaran a segunda fase onde pelexaran con outros 7 equipos por conseguir unha das 4 prazas que dan dereito o play off final polo ascenso a liga EBA. O conxunto amarelo comezará a súa andadura visitando a pista do BBCA de Ferrol o sábado 3 de febreiro as 18:00 no pavillón Javier Gómez Noya.

Leave a Reply