Cb Noia Azul C.Juantey 60 – 50 La Salle
Parciais: 18-9 / 17-12 /13-13 /12-16
Impoñíase o cadete Azul Clínica Juanatey o pasado domingo, 60 a 50, ao colexio La Salle compostelano, nun encontro de cruce para determinar o 5º e 6º clasificado da fase de inverno. Mostráronse superiores os noieses nos primeiros 20 minutos graza ao seu bo facer defensivo, e a súa disposición a hora de sair ao contrataque, o que lles permitía chegar a ter unha renta de 19 puntos. Finalmente, chegabase ao descanso cunha vantaxe para os amarelos de 14 puntos, 35 a 21. Subían a súa defensa os compostelans nos restantes 20 minutos de xogo, o que unido ao desgaste físico, e os problema de faltas comezaba a facer mella nos locais, que caían en precipitacións que provocaban pérdidas, o que unido a por momentos mala defensa do 1 contra 1 e as malas lecturas dos xogadores sen balón, propiciaba que os compostelans chegasen a situarse a 6 puntos a falta de 3 minutos. Finalmente, os noises impuxéronse por 10 puntos acadando o 5º posto na liga de inverno. Os cadetes retomaran a a competición dentro de dúas semanas, onde haberá un novo sistema de competición ao comezar novamente tódolos equipos.
Polo CB Noia xogaron:
Lois Tobio (3), Alexo Segade (-), Alex Costa (2), Raul Martinez (25), Daniel Boo (4), Jesus Outeiral (11), Daniel Portillo (-), Pedro Fernandez (4) e Lucas García (11).