CB Berberecho de Noia 64-69 CB Allariz
Parciais: 11-12 / 16-21 / 18-16 / 19-20
Dura derrota a que encaixou o berberecho de Noia esta fin de semana perante o baloncesto allariz. O 64 a 69 que sinalaba o marcador ao final do encontra, sumada a derrota da pasada fin de semana na pista do Baloncesto porriño, deixa os noieses sen apenas opción para poder entrar entre os 4 primeiros clasificados e eludir así a loita polo descenso.
Dous encontros levan os xogadores do berberecho no 2023, ambos saldáronse con derrota, e ambos e cunha línea semellante, o desacertó de cara ao aro dende a liña de 6,75. No pasado encontró os noieses acertaban 3 de 28 intentos, na mentres que este fin de semana, a pesar de mostrarse moi superior no rebote ofenso, o 2 de 18 dende a liña de tres puntos foi unha lousa para os da vila de noia.
Os alariquenses levarían a dianteira prácticamente dende o incio con rentas curtas, pero que finalmente serían suficientes para levarse o encontró.
CB Berberecho de Noia: Manuel Prates (17), Noel Pouso (5), Luka Vukcevic (2), Angel Gómez (14), Roi Gonzalez (4), Anxo Vazquez (0), Ivan Couce (0), Alfonso Mallo (5), Santi Lope (9), Manuel Basante(4) e Andres Gómez (4).
CB Allariz: Iago Feijo (11), Javier Cerviño (3), Sergio Vazquez (0), Miguel Perez (1), Samuel Gonzalez (9), Alfredo Ibañez (0), Afonso Vasalo (19), Javier Cid (13), Gabriel Gonzalez (11), Daniel Rodriguez (2) e David Fidalgo (0).