C.B. Outes Óptica Nieto 68-100 CB Noia O Churrasco do Floro
Tanteo por cuartos: 18-26/14-28/23-33/13-13
Estreo cunha vitoria clara por parte do noso Senior masculino de 3ª División na súa visita ao concello veciño de Outes cun marcador de 68-100 a favor do equipo noies. O partido, que tivo lugar no polideportivo municipal de Outes na tarde do sábado, daba comezo á primeira fase regular para os nosos que contaban con caras novas (Jorge) e vellos coñecidos (Furelos, Unai e Hugo) con respecto á tempada pasada.
O encontro comezaba co equipo visitante facendo valer a sua vantaxe física anotando preto do aro e tras varios rebotes ofensivos, mentres que os outienses buscaban tiros abertos e penetracións rápidas, chegando a acadar as primeiras diferenzas para os visitantes ao final do primeiro cuarto, 18-26. O segundo cuarto foi un calco do anterior, os noieses seguían traballando preto do aro cun bo nivel de fluidez ofensiva, ao tempo que foron quen de reducir o perigo que xeraban os locais en ataque, chegando ao descanso cunha diferencia a favor de 22 puntos, 32-54.
Na segunda parte os nosos saliron cunha marcha menos que permitiu aos locais achegarse no marcador cunha boa produción dende a liña de tiros libres. Isto encendeu aos noieses que prenderon de novo a maquinaria ofensiva para pasar por encima da defensa local aumentando a vantaxe aos 32 puntos cun terceiro cuarto que rematou cun parcial de 23-33. O último cuarto non tivo historia xa cun equipo visitante relaxado que viviu das rendas conseguidas anteriormente, mantendo a diferenza de 32 puntos ata ao final do partido.
Excelente estreo por parte dos nosos para comezar esta tempada e que esperemos continue na próxima xornada.
Xogaron e anotaron:
Martín Ogando–> 19 puntos
Sergio–> 17 puntos
Furelos–> 16 puntos
Xandre–> 12 puntos
Mateo–> 11 puntos
Martín–> 8 puntos
Kike–> 6 puntos
Adrian–> 6 puntos
Unai–> 3 puntos
Jorge–> 2 puntos
Hugo
Pinto