CB Berberecho de Noia 66-56 Novobasket Vigo
Parciais: 17-7 / 17-11 / 17-17 / 15-21
Importante victoria por 10 puntos, 66 a 56, a acadada polo CB Berberecho de Noia o pasado sábado no Alonso Rodriguez fronte o Novobasket Vigo na 1ª división senior masculina de baloncesto. Con este triunfo, os noieses suman 2 victorias en 4 xornadas, o que lles permite seguir vivo na loita por eludir o descenso de categoría.
Comenzaba o encontró co equipo olívico comandando o marcador, e cos locais pouco acertados de cara ao aro. Tralos 5 primerios minutos de xogo, o marcador mostraba un 0 a 5 a favor dos visitantes. A entrada a pista do pivote local Alfonso Mallo, 7 puntos neste cuarto, xeraba problemas na zoa viguesa, o que propiciaba que os amarelos tomasen a dianteira e finalizasen cuarto con 10 puntos de renta, 17 a 7.
Voltarían a imponerse no segundo parcial os noieses, que gracias a un bo xogo colectivo e ao bo facer defensivo, chegaban ao descanso cunha ventaxa de 16 puntos, 34 a 18.
Tralo paso polos vestiarios, os visitantes probaban con diversos plantexamentos defensivos, se ben o partido seguía ser dominado claramente polos amarelos, que con dous tiros libres do aleiro Santi Lope a falta de 4 minutos para rematar o terceiro acto, se situaban cunha ventaxa de 20 puntos, 46 a 26. Trataban de despertar e meterse no encontró as vigueses que cunha tibia reacción ao final do período situabanse a 16 puntos do conxunto berberecheiro.
Recuperaban os 20 puntos de ventaxa os noieses no inicio do último acto, deixando o encontró prácticamente visto para sentenza. Novamente, e coma se fose un deja vu doutros encontros, os noieses voltaban a encaixar un parcial nos últimos minutos debido os numerosos erros e as perdas de balón cas que os vigueses deixaban o marcador no 66 a 56 final.
Cb Berberecho de Noia: Andres Gómez (8), Noel Pouso (11), Luka Vukcevic (10), Santi Lopez (3), Anxo Vazquez (-), Ivan Couce (0), Angel Gómez (5), Roi Gonzalez (-), Manu Prates (15) e Alfonso Mallo (14).
CB Novobasket Vigo: Daniel Alvarez (0), Santiago Rodriguez (-), Iñigo Alonso (8), Edu Vazquez (14), Javier Vilan (11), Luis Fernandez (3), Roberto Rossel (8), Noe Ferreiro (5), Sergio Hermida (-), Aaron Fandiño (-), Guillermo Clavijo (2) e Julian Cruz (5).
O próximo fin de semana os noieses teñen xornada de descanso ao ser un grupo impar, e podrán aproveitar para recuperar a algún dos xogadores que teñen problemas de lesións