Senior Masculino

CB Allariz 75 – 78 CB Berberechos de Noia

Parciais: 23-22 / 12-21 / 21-15 / 19-20

Novo final apretado o disputado o pasado fin de semán polo CB Berberecho de Noia na súa visita a sempre compricada pista do CB Allariz. Desta volta saíu cara e os noiese certificaron a victoria dende aliña de tiros libres por 75 a 78.

 

Coma é habitual na vila alaricana, comezábase o encontro cun gran ambiente na bancada. Os locais, que aínda non coñecían a victoria nesta fase, saían moi metidos ao entro. A igualdade e o intercambio de canastras foi unha constante neste primeiro tramo, chagándose cun 23 a 22 ao final dos primeiros 10 minutos.

 

Ata mediado o segundo cuarto, os alaricáns comandaban o marcador con rentas entre 1 e 3 puntos. Pasado o ecuador, unha tripla do noies Noel Pouso comandaba un parcial de 5 a 17 para chegar ao descanso cun marcador de 35 a 43.

 

Os noieses vían como os locais recurtaban as diferenzas no terceiro cuarto, os problemas de faltas nos xogadores amarelos, unido a que a defensa  noiesa non se atopaba o suficientemente concentrada, propiciaba que os locais recurtasen a diferencia no tramo final do terceiro período, 56 a 58.

 

Con todo por decidir, comenzaba o derradeiro período que decidiría o encontro. Tentaron romper o encontro en varias ocasións os noieses, pero os locais a golpe de tripla non permitían aos visitantes que as súas rentas aumentasen dos 6 puntos. Así pois, chouse ao tramo final do encontro co 75 a 75 a falta de 25 segundos. Atacaban os alaricans, e agora sí, a defensa noiesa non permitíu unha boa posición de lanzamento local, recuperaban o balón os amarelos, que da man Tomás Álvarez saían ao contrataque. O  base do Berberecho recibía unha falta antideportiva a falta de 3 segundos, que o levaba a liña de tiros libres. Tomás anotaba os 2 lanzamentos dende a liña de persoal e poñía o 75 a 77 no marcador. Debido a falta antideportiva, os noieses sacaban de banda tralos tiros libres, Mario Rodrígues recibía tralo e era obxecto de falta, co que disporía de dous lazamentos dende a liña de persoal. O escolta amarelo, erraría o primeiro lanzamento e convertiría o segundo deixando o marcador co 75 a 78 restando 2,1 segundos por xogar. O postrero intento local con conseguir o empate non deu ca canastra o que propiciaba a segunda victoria noiesa nesta fase.

 

Polo Berberecho de Noia xogaron e anotaron: Jorge Pérez (6), Noel Pouso (11), Tomás Álvarez (28), Anxo Vázquez (-), Mario Rodríguez (13), Ivan Couce (2), Angel Gómez (9), Miguel Gil (2), Santi Lope (5) e Chico barreiro (2).

 

Leave a Reply