CB Ribeira Congalsa 83-71 CB Noia O Churrasco do Floro
Tanteo por cuartos: 25-18/23-16/17-16/18-21
Primeiro partido da eliminatoria de cuartos de final da fase que decidirá o campeón do grupo de Santiago que tivo lugar entre o CB Ribeira Congalsa e o noso Senior Zonal na tarde do sábado no polideportivo de Palmeira e que rematou coa vitoria dos locais por 83-71.
O partido comezou cun equipo local moi metido no partido e impoñendo o seu ritmo a base de acerto no seu tiro exterior, chegando a poñer no marcador un parcial de 20-6 que ben puido mandar aos noso á lona, pero nos últimos 2 minutos do cuarto a recuperación de varios balóns finalizados en bandexas fáciles deixaron o cuarto nun 25-18.
O segundo cuarto foi moi semellante, os locais seguían castigando a pobre defensa dos noieses e mantendo un gran acerto no triple que non so mantivo as diferencias, se non que as ampliou. Os visitantes cun arreón nos últimos intres foron quen de minimizar os danos, aínda así o marcador foise a unha diferenza de 14 puntos, 48-34.
Na segunda metade o conxunto noiés mellorou en defensa, pero seguía con problemas na ofensiva, fallando varios lanzamentos dende o perímetro que lle houbesen permitido recortar distancias. O partido non tivo máis historia, os locais parecían virse abaixo, pero cada vez que os nosos se acercaban e parecían baixar dos 10 puntos de diferenza, os de Ribeira anotaban unha tripla que baixaba os ánimos dos noieses. Isto deixou o marcador nun 83-71 final.
Desta forma os noieses deberán remontar unha diferenza de 12 puntos se queren pasar á seguinte ronda desta fase, nun partido que terá lugar no Alonso Rodríguez a vindeira semana.
Xogaron e anotaron:
Martín Ogando–> 24 puntos
Sergio–> 16 puntos
Mateo–> 11 puntos
Xandre–> 6 puntos
Pinto–> 5 puntos
Sergio Furelos–> 4 puntos
Adrián–> 3 puntos
Kike–> 2 puntos
Hugo