PBB Godoy Maceira 78 – 57 CB Berberecho de Noia
Parciais: 21-17 / 25-17 / 19-9 / 13-14
A terceira xornada da 1ª división senior masculina de baloncesto, saldouse con derrota polo CB Berberecho de Noia fronte ao Baloncesto Porriño por 78 a 57. Iniciabase o encontro cun alto ritmo de xogo por parte de ambos equipos, os porriñeses tomaban as primeiras ventaxas grazas ao seu acerto dende a liña de 6,75, mentres que os noiases trataban de manterse no encontro gracias a rápidas transicións. Finalizaban os primeiros 10 minutos cun igualado 21 a 17. Conseguían os amarelos darlle a volta ao marcador e situar o 23 a 25 no arranque do segundo cuarto. Mantívose a igualdade e alternancia no marcador ata falta de 4 minutos para o descanso, cando de novo o acerto dende a liña de 3 puntos foi determinante para o despegue local, 46 a 34. Cabe destacar os 9 triples anotados polos locais nestes primeiros minutos.
O terceiro período foi clave para o devir do encontro. Con tres triplas consecutivas mediado o terceiro cuarto por parte local, unido ao desacerto noies en ataque, propiciaba que os porriñeses chegasen a unha renta de 18 puntos. A ventaxa pontevedresa aumentaría ata os 22 puntos ao remate do cuarto. A pesar de que o encontro xa estaba decidido, ambos equipos se empregaron con intensidade nun último que aproveitaron para seguir crecendo como equipos. Con 28 puntos, e cun sobresainte 6 de 13 en tiros de 3 puntos, o local Jorge Aller foi sen dúbeda o xogador máis destacado do encontro.
PBB Godoy Maceira: Terry (6), Martim (-), Yago (-), Iván (6), Lucas (7), Daniel G. (-), David (7), Jorge (-), Iñigo (8), Daniel L. (2), Joel (14) e Jorge (28).
CB Berberecho de Noia: Noel (3), Tomas (17), Mario (4), Ivan (4), Angel (6), Miguel (9), Santi (7) e Chico (7).
Parciais: 21-17 / 25-17 / 19-9 / 13-14
O boa nova do encontro para os do Berbebercho de Noia, foi a reaparición do aleiro Chico Barreiro tras case tres meses sen xogar. Os de Ángel Castro, que contan cun balance de 1 victoria e 2 dúas derrotas, recibiran a próxima semán no seu feudo ao Inst. Rosalia de Santiago, cuerto clasificado con 2 triunfos e 1 derrota.