Senior Masculino

 

CB Berberberecho de Noia  55 – 48 Universitario Campus Ourense

Parciais: 21-5 /17-12 /8-18 / 9-13

O Alonso Rodriguez acolleu este pasado sábado 12 de xaneiro unha intensa xornada de baloncesto que serviu para dar a benvida ao deporte da canastra neste 2024. Iniciabase a tarde do sábado ca foto oficial dos equipos que conforman o Club Baloncesto Noia, que conta cun total de 13 equipos federados e máis de 150 participantes. Trala foto de familia do clube, viña o prato forte da xornada, o Berberecho de Noia recibía ao Universitario Campus Ourense no encontro correspondente a 12ª xornada de liga da primeira división autonómica, nun encontro que se achegaba crucial para a aspiración dos noieses de optar de pelexar por acadar unha das prazas que permiten colarse no grupo dos 8 equipos que loitaran polo ascenso de categoría.

Victoria local por 7 puntos, 55 a 48, nun encontró onde os noieses a piques estiveron de desperdiciar unha renta de 22 puntos. O encontro tivo dúas partes ven diferenciadas, os primeiros 20 minutos, onde os amarelos despregaron un gran xogo mostrandose moi superior ao equipo ourensan como se reflectía no marcador 38 a 17. Semelleba que ía ser unha prácida victoria para os de Ángel Castro, pero na reanudación, as defensas zoais plantexadas polo conxunto visitante, cortucircuitaron o ataque local, chegando incluso a asomar a posibilidade de remontada dos ourensans cando a falta de 1:17 dous tiros libres visitantes deixaban o marcador cun 53 a 47. Finalmente, e a pesar do sufrimento final, os noieses non deixaban escapar a victoria do Alonso Rodriguez para ledicia dos aficioados presentes.

CB Berberecho de Noia: Jore Pérez (12), Tomás Álvarez (11), Mario Rodriguez (9), Sergio Furelos (7), Anxo Vazquez (-), Iván Couce (2), Angel Gómez (-), Miguel Gil (10) e Adrián Calvo (4).
Universitario Campus Ourense: Iván Eirey (11), Guzmán Gómez (9), Sergio Vázquez (-), Pablo Rodriguez (5), Diego Gonzalez (2), Brais Perez (2), Cristian garcia (6), Carlos Rodriguez (6) e Carlos Gonzalez (7).
Parciais: 21-5 /17-12 /8-18 / 9-13

Restan dúas xornadas para o remate da primeira fase. Con esta victoria o Berberecho de Noia suma 7 triunfos e 5 derrotas e mantense na terceira praza clasificatoria empatado co CB Allariz, pero con mellor basketaverage particular. Unha victoria noiesa a próxima semana na pista do lider, o Porriño Baloncesto, ou unha derrota do Novobasket Vigo que reciben ao segundo clasificado, o CLB de Vilagarcia, clasificaría matemáticamente aos noieses para a fase de ascenso sen ter que esperar a última xornada, onde os amarelos recibirán ao equipo olívico que actualmente é o 5º clasificado.

Leave a Reply