CB Berberechos de Noia 64- 65 Sigaltec CLB
Parciais: 19-20 / 18-14 / 15-17 / 12-18
Dura derrota do Cb Berberechos de Noia no seu feudo ante o Sigaltec de Vilagarcía por 5 puntos de diferenza, 64 a 69. Empezaban ben os noieses con alto ritmo que propiciaban rápidos contrataques que obrigaba a solicitar tempo morto ao adestrador vilagarcias, Luis Gabín, ao reflexar o marcador un 7-0 para os locais. Conseguía a máxima renta os locais cun tiro libre do base local Manuel Prates, 19 a 9 a falta de 3 minutos para rematar o primerio acto, pero cando parecía que os de Ángel Castro se levarían o primeiro parcial, os visitantes lles endosaban un 0 a 12 nese tramo final que lle daba a volta no marcador, 19 a 20.
A igualdade e o intercambio de canastras foi a tónica do segundo período, o que facía chegar ao descanso cos locais cunhalixeira ventaxe de 3 puntos, 37 a 34. Saían ben os noieses no 3 cuarto que pronto alcanzarían os 10 puntos de ventaxa grazas a unha tripla de Manu Prates. Efímera foi a ventaxa local, as perdas de balón, unido a feble defensa local propiciaban que os vilagarciáns da comandados por Martín Choren, recurtasen a diferencia para deixar un 52 a 51 o finalizar o terceiro período.
Cun punto de ventaxa arricaba o último cuarto, e con el a peor cara do Berberechos Noia, que seguía coa mala dinámica do final do terceiro cuarto, perdendo numerosos balón e con pouca presenza defensiva. Así pois, os visitantes comezaron a abrir brecha no marcador ata chegar a ter 15 puntos de diferenza, 52 a 67 mediado o cuarto. A raíz da súa mellora defensiva, os noieses conseguían un parcial ao seu favor de 13 a 2 no tramo final do encontró, pero que foi insuficiente para poder loitar pola victoria.
CB Berberecho de Noia: Manuel Prates (21), Alfonso Mallo (6), Noel Pouso (0), Manuel Basante (9), Luka Vukcevic (2), Iván Couce (2), Andrés (7), Santi Lopez (12), Angel Gómez (3) e Roi (2).
Sigaltec: Marcos Cachaza (0), Martin Choren (27), Luis Guerra (10), Pablo Martínez (3), Alvaro Direito (0), JOege Touza (0), Pablo Fernández (11), Pedro Sabugueiro (2), Patricio Serqueira (4), Raul Santorum (6), Álvaro Rodriguez (6).