Sigaltec Vilagarcía 61-63 Berberecho de Noia
Parciais: 12-13 / 14-17 / 17-15 / 18-18
Victoria do CB Berberecho de Noia na súa visita ao tercerio clasificado, o sigaltec de
vilagarcia por 2 puntos de diferencia, 61 a 63. Xa dende o arranque do encontró, os barbantinos
tomaban a dianteira no encontró cunha canastra de Santi Lopez e posteriormente de Manu Prates.
Tralo 0 a 4 inicial, os locais lograban voltear o marcador no ecuador do cuarto. A pesar das
numerosas perdas de balón dos noieses, o bo facer defensivo permitía que retomasen a dianteira
no electrónico ao finalizar o período, 12 a 13.
O segundo acto, os noieses trataban de ampliar a sua ventaxe que chegou a ser de 8 puntos,
pero o aleiro local Martín Choren con 8 puntos neste parcial, propiciaba que os arousanos se
mantivesen no encontró. Rematados os primeiros 20 minutos o marcador reflexaba un igualado
26 a 30 para os do Berberecho de Noia.
Trala reanudación, chegaban a gozar dunha renta de 12 puntos os noieses pasado o
ecuador de terceiro cuarto, 30 a 42 o que obrigaba a solicitar tempo morto ao adestrador local.
Trala pausa técnica reaccionaban os vilagarcians que endosaban un 13 a 3 ao equipo noies nos
apenas 3 minutos que restaban de terceiro cuarto.
Así pois, iniciabase os derradeiros dez minutos cun axustado 43 a 45. Pablo Fernandez,
tomaba protagonismo polo bando local neste último, cuarto sendo un quebradero de cabeza para
a defensa noiesa cas súas penetracións. Así pois, dúas canastras do base arousan situaban o equipo
de Luis Gabín con 4 puntos de ventaxa 54 a 50. O tempo morto do adestror noies, Angel Castro,
xurdía efecto, e 4 puntos seguidos do base Manu Partes e unha canastra de Angel Gomez, poñían
novamente aos noieses por diante no marcador, 56 a 58. Chagabase aos últimos 7 segundos cos
da ría de noia con 5 puntos de ventaxa, pero un tripla do local Raul Santurum prácticamente sobre
a bocina, recurtaba a diferenza a 2 puntos e permitía que os arousan mantivesen o basketaverage
ao seu favor ao haber gañado no Alonso Rodriguez de Noia por 4 puntos.
Pese a victoria e a pesar de restar dúas xornadas para rematar a primeira, os noises quedan
sen opción de entrar entre os 4 primeiros clasificados ao non serlle favorables os resultados da
xornada, polo que xogaran na segunda fase cos 9 equipos que loitaran por evitalo descenso.
CB Berberecho de Noia: Manuel Prates (21), Noel Pouso (2), Luka Vukcevic (5), Angel Gómez
(6), Roi Gonzalez (5), Anxo Vazquez (2), Ivan Couce (2), Santi Lope (11), Manuel Basante(4) e
Andres Gómez (5).
Sigaltec: Marcos Cachaza (0), Jorge Touza (0), Luis Guerra (10), Oscar Otero (0), Alvaro Direito
(4), Martin Choren (15), Pedro Barreiro (2), Pablo Fernández (18), Pablo Otero (0), Patricio
Serqueira (1), Raul Santorum (3) e Álvaro Rodriguez (8).