Rafonca puertas y automatismos- O Meco 58 – 75 CB Berberecho de Noia
Parciais: 14-18 / 12-16 / 11- 20 / 21-21
Victoria do CB Berberecho de Noia por 17 puntos, 58 a 75, na súa visita a vila Pontevedresa do Grove o pasado sábado 26 de novembro. Iniciaban forte os noieses o encontro cun alto ritmo se xogo que propiciaba un 0 a 8 de saída, ainda que os locais pouco a pouco da man Rubén Dominguez e Daniel Prol tentaban recurtar as distancias. A pesar do desacertó dende a liña de 3 puntos, o equipo berberecheiro conseguía imponerse nestos primeiros 10 minutos grazas a boas transicións ofensivas.
Iniciaba o segundo parcial con noieses desacertados ante o aro local, feito que seguía a aproveitar os locais para achegar no marcador. Tras un tempo morto do adestrados noies, os visitantes reaccionaban e daban un pequeño estiron para irse ao descanso con 8 puntos de vantaxe, 26 a 34.
Reanudábase o encontró ca mellor versión do CB berberecho de noia, con gran xogo de equipo no que tódolos xogadores aportaban, o que facía que chegasen a ter unha ventaxa máxima de 20 puntos neste período, 34 a 54.
Encaraban os noieses o último período con 17 puntos de ventaxa, semellaba que o encontró estaba visto para sentencia, pero unha vez máis, os de Ángel Castro desconectaban do partido, e en escasos 2 minutos os xogadores locais liderados por polo base Martín Dominguez apretaban o marcador, 46 a 54 restando ainda 7 minutos por xogar. Santi Lope, con 2 triplas case consecutivas voltaba a abrir brecha novamente no marcador. Finalmente, os noieses sumaban o 3 triunfo da tempada cun marcador de 58 a 75.
O Meco: Manu Bello (5), Manu Garrido (1), Martin Prol (3), Rubén Domínguez (9), Martin Domínguez (17), Daniel Prol (13), Anxo Abal (4) e Diego Serantes (6).
CB Berberecho de Noia: Andrés Gómez (6), Manu Basante (11), Noel Pouso (8), Luka Vukcevic (8), Santi Lope (12), Iván Couce (4), Angel Gómez (4), Roi González (4) e Manu Prates (18).