Junior Masculino

Ames Obradoiro 64-28 CB Noia Autos Patiño

Tanteo por cuartos: 18-4/24-10/14-6/8-8

Quinta xornada desta fase da competición para o CB Noia Autos Patiño na tarde do domingo que se xogou en Milladoiro fronte ao Ames Obradoiro por cuarta vez nesta tempada e que rematou co mesmo resultado que as 3 veces previas, unha vitoria para os locais e unha nova derrota para os noieses.
A primeira metade non tivo moita historia, os locais anotaban con facilidade ante unha defensa sen reacción por parte dos noieses que ademáis perdeu varias posesións sen chegar a posicións de ataque o que lle deu máis oportunidades aos santiagueses para distanciarse no marcador, chegando ao descanso cun 42-14.
Na segunda metade os noieses melloraron na parcela defensiva deixando aos locais en tan só 22 puntos, o cal permitiu aos visitantes mostrar outra cara que melloraba as prestacións mostradas ata ese intre. Aínda con esta mellora, a superioridade do conxunto local seguía sendo evidente, rematando o partido cun 64-28 final que deixaba máis que clara a diferenza entre ambos.
A próxima xornada xa será a volta da Semana Santa fronte a La Salle no Alonso Rodríguez de Noia.
Xogaron e anotaron:
Brais–> 8 puntos
Iker Queiro–> 7 puntos
Brayan–> 5 puntos
Jaime–> 4 puntos
Leo–> 3 puntos
Beltrán–> 1 punto
Joel
Iker Freire

Leave a Reply