Junior Masculino

CB Noia Autos Patiño 38-72 Ames Obradoiro

Tanteo por cuartos: 12-8/12-15/6-21/8-28

Segunda xornada desta nova fase da competición para o CB Noia Autos Patiño na tarde do domingo no Alonso Rodríguez fronte ao Ames Obradoiro e que derivou nunha nova derrota para os locais, nun partido con dúas metades ben diferenciadas no que se refire ao xogo.
Na primeiro cuarto os noieses saíron a competir con gañas e levándose as primeiras vantaxes no marcador gracias a varias xogadas que tiveron como eixo común un bo movemento de balón, 12-8. No segundo cuarto os santiagueses marcaron o seu ritmo e foron quen de poñerse por diante no marcador, sobre todo cun gran acerto dende a liña de 3, pero os locais resistiron este pulo e mantiveron unha vantaxe de 1 punto ao descanso, 24-23.
Na segunda metade o partido cambiou totalmente. Os locais erraron múltiples ocasións de canastras fáciles despois de boas combinacións en ataque, pero isto sumado a varias perdas e a fraxilidade defensiva, converteu o partido nun asedio por parte dos visitantes que non cedeu ata o pitido final, chegando cun marcador final de 38-72.
Hai que quedarse ca boa primeira metade dos nosos cun bo xogo e intensidade, que esperemos sirva para seguir mellorando de cara a próximos partidos.
Xogaron e anotaron:
Brais–> 9 puntos
Iker Freire–> 9 puntos
Celso–> 8 puntos
Leo–> 3 puntos
Iker Queiro–> 3 puntos
Álex–> 3 puntos
Jaime–> 2 puntos
Brayan–> 1 puntos
Joaquín

Leave a Reply