CB Noia Liceo 59- 33 Galogrín Naranja
Parciais: 15-10 / 6-8 / 15-8 / 23-7
Último encontro da primeira volta no que os noieses foron de menos a máis ao longo do partido, para deixar o marcador co 59 a 33 para os amarelos.
Se ben, a pesar de encontrar cómodos lanzamentos, os noieses non acertaban co aro, o bo facer defensivo propiciaba que chegasen ao descanso cunha renta de 3 puntos.
Nos derradeiros 20 minutos, o acerto dos locais cara ao aro, unido ao bo facer defensivo xunto con rápidas transicións propiciaba que os noieses se fosen distanciando no marcador.
Cb Liceo Noia: Ángel Iglesias (7), jacobo Pía (-), Lucas Ávila (20), Izán Busto (9), Beltran Oviedo (20), Noel Fernández (2), Nazan Sendón (-), Mateo Creo (1) e carlos pedrosa (-).