CB Noia Liceo 68 – 66 ADB Fontiñas
Emocionante último encontro da fase de grupos para os infantís do Cb Noia que na mañá do sábado recibiron no Alonso ao adm fontiñas de Santiago. Tras un primeiro cuarto igualado, as perdas de balón e o mal balance defensivo no segundo cuarto, propiciou que os santiagueses chegasen ao descanso cunha vantaxe de 10 puntos. Nunha traballada e boa segunda parte, os amarelos conseguían dala volta ao marcador, a falta de 37 segundos o marcador reflexaba un 66 a 63 con posesión para os noieses, pero unha perda de balón e unha canastra con adicional para os visitantes deixaba novamente o empate no marcador con 13 segundos por xogar. Tralo tempo morto de rigor, atacaban os noieses que errar o lanzamento, pero Ivan Creo faciase co rebote dándolle tempo a realizar un último tiro sobre a bocina que deixaba o 68 a 66 final para os noieses.
Con este triunfo os amarelos acadan a segunda posición do grupo a clasificanse para xogar entre a 1° e 6° posición.