O 16 de agosto de 1986 un grupo de entusiastas funda o Club Baloncesto Noia que na súa acta fundacional recolle os nomes de José A. López, Pepe Freire, Julio Moreno, Manolo Pérez, Luís Estévez, Julio Caamaño, Domingo Campos e Juan Carlos Pérez como Presidente.
No ano 1954 un grupo de amigos (os irmáns Barreiro, Cerviño, Pedro Sáez, Moncho Taboada, Marcelino Vidal, …) intentaron crear un club de baloncesto, sen éxito.
A principios dos anos 70 xogábase ao baloncesto na Sociedade Liceo, que contaba cun equipo masculino e outro feminino, competindo este último en 2ª División Nacional con Pereira, Aguado, Sofía Varela, Marga Estévez, Pili Vázquez…
A finais dos 70 destacaba o equipo feminino do colexio Mª Assumpta, que chegaría a ser campión provincial con Luis Molina como adestrador, e Rosana, Lola Calvo, Silvia Chiti, Maló e Loli Cruz como xogadoras.
Xogaron un papel importante no baloncesto en Noia antes da fundación do clube: Maena, no Instituto; Pepe Barreiro, no equipo feminino de 2ª División Nacional do Liceo; Luis Molina, que fixo unha grande labor como entrenador; José A. López (Toñito) e Manolo Pérez, que fixeron un excelente traballo cos equipos de base; Luis Estévez, que foi un dos grandes xogadores.
A afición polo baloncesto en Noia queda patente na organización de partidos durante as festas patronais, Así no ano 1982 disputarase un partido amigable entre o Real Madrid e o Obradoiro Feiraco organizado pola Escudería Berberecho, que abarrotaría o pavillón municipal. Ver xogar en directo a Romay, Iturriaga, Dalipagic, Corbalán, Rullán, Fernando Martín, Llorente e Brabender foi un gran pracer para moitos noieses.
O 24 de agosto de 1982 Toñito López, Juan Carlos Oviedo, Julio Manuel Caamaño Pérez e Julio Moreno organizaron os Campionatos Provinciais de Minibásquet. Como só existía un pavillón e dúas canastras, foi necesario habilitar a Alameda con dúas pistas de baloncesto marcando as pistas con cinta de empaquetar branca e traendo as canastras de Santiago. Participaron equipos de Ferrol, A Coruña, Santiago, Outes e Noia.
O 16 de agosto de 1986 un grupo de entusiastas funda o Club Baloncesto Noia que na súa acta fundacional recolle os nomes de José A. López, Pepe Freire, Julio Moreno, Manolo Pérez, Luís Estévez, Julio Caamaño, Domingo Campos e Juan Carlos Pérez como Presidente.
De 1988 a 1991 José Antonio López Hernando foi o Presidente.
No ano 1990 abríronse as Escolas Deportivas Municipais con Liboreiro ao frente. Daquela en Noia só había un polideportivo.
De 1991 a 1995 foi Presidente Manuel Pérez Souto.
De 1995 a 1996 Pepe Carlos Freire, que levaba traballando no club dende a súa fundación, exerceu de Presidente, ca colaboración dos irmán Manolo e Tinín Pérez Souto.
Seguiríalle José Luis García ata 1999, con Alfonso Treus Romero (Tesoureiro), Manolo González López (Secretario), Santiago Arufe Sendón, Manuela Romay Romero, Ana Alborés Abeijón, Manuela Moas Cancela, José González López, Agustín Pérez Souto, Jorge Outes, Luis Forés Mayán, Ricardo Rodríguez Abad e Pepe Freire. Nesta época o club contaba con equipos masculinos e femininos nas categorías cadete, júnior e sénior. A fichaxe dun novo adestrador para o equipo sénior, que ademais sería o encargado de coordinar as categorías inferiores do Club, Toño Vázquez, supuxo un dos maiores logros nesta etapa, como foi saír por primeira vez cun equipo sénior na 1ª División Autonómica. Os xogadores que conformaron aquela plantilla foron: Diego, Queiro, Mon, Víctor, Nanas, Tinín, Jorge, Alex, Forés, Juan, Veiga e Jacobo, todos eles da canteira do club.
De 1999 a 2001 Luís Estévez foi o Presidente oficialmente, aínda que na práctica exerceron de tal, Antonio Pallares e Teresa Blanco.
A tempada 1999/00 tivo un comezo convulso, pois os membros da Directiva convocan unha reunión en setembro, na que se comunica a súa intención de deixar os seus cargos. Así que un grupo formado por pais (Pepe Freire, Antonio Pallares e Teresa Blanco), xogadores/adestradores (Luis Forés, Juan Filgueiras e Emilio Aguado), e un ex-xogador (Luis Estévez) co gran apoio externo de José Luis Insua, propúxose tomar as rendas do club.
Existían 5 equipos: cadete masculino, cadete feminino, junior masculino, junior feminino e o equipo de Primeira Autonómica.
Destacar o equipo cadete masculino que, nestes dous anos, quedaron subcampións da Copa Galicia na tempada 1999/00, perdendo a final contra Sarria nun máis que dubidoso partido, e CAMPIÓNS DA COPA GALICIA, na tempada seguinte, militando nas súas filas José Ángel Antelo, que abandonou ese ano o club para incorporarse ás categorías inferiores do Real Madrid.
De 2001 a 2009 Xesús Sánchez Bugallo presidiu o C. B. Noia, acompañado por Luís Estévez como Vicepresidente e Nucha Calvo como Secretaria. Estrella Beiro exerceu como tesoureira durante 6 anos sendo substituíuna por Marcos García. Actuaron como directores deportivos Juan Filgueiras e Mon López, que compaxinaron esta actividade coa de adestradores. Como adestradores e monitores destacan especialmente os citados Juan Filgueiras e Mon López, Jorge Queiro, Yago López, José Antonio Pérez, Luís Forés, Luís Estévez,…
Nestes anos varios equipos de categoría inferior (infantil e cadete) participaron en competicións de ámbito galego (División de Honor) como premio aos resultados do ano anterior ou das fases clasificatorias. Na tempada 2004/2005 creouse un equipo sénior feminino. Firmouse a un acordo co CB Ribeira polo que nos cedeu a súa praza en 1ª Nacional sénior masculino (á que renunciaba por falta de recursos humanos e materiais) e absorbemos ao equipo coa contratación do adestrador, Arturo Ferraces, e o elenco de xogadores.
Este equipo mantivémolo 3 anos, con algúns cambios no cadro de xogadores, e obtivo brillantísimos resultados deportivos:
Na tempada 2004/2005 foi Campión de Liga e Campión da Fase de ascenso a Liga EBA, celebrada en Carballo, contra Atlántico Coruña, Toldos Gómez Arzúa e Calvo Xiria. O CB Noia mostrouse intratable e gañou todos os partidos. O elevado custo económico da participación na liga EBA e cuestións deportivas de diversa índole fixeron necesario que renunciaramos ao ascenso, cedéndolle a praza ao Atlántico de A Coruña.
Na tempada 2005/2006 o equipo foi Campión da Liga e xogou a Fase de Ascenso a liga EBA en Pamplona (participaban o 1º e 2º clasificados das comunidades de Galicia, Aragón e Navarra-País Vasco-A Rioxa). Perdemos por 6 puntos contra Universidad de Zaragoza.
Na tempada 2006/2007 o equipo foi Campión da Liga e quedou 2º na Fase de Ascenso a liga EBA, xogada en Ferrol (contra San Rosendo, Vigo e Obradoiro).
Ao remate da tempada o Club de Baloncesto Noia acorda que na tempada 2007/2008 non competirá na categoría de 1ª Nacional, deixando en liberdade aos xogadores para fichar por outros clubs e cedendo a praza de 1ª Nacional a Peleteiro.
O equipo de liga FGB ascende a 1ª Nacional na tempada 2008/2009, con presenza importante de xogadores procedentes de categorías inferiores do propio CB Noia.
Na tempada 2002/03 o Club Baloncesto Noia fíxose cargo da Escola de Baloncesto, que ata entonces era municipal. A Directiva decidiu que o obxectivo prioritario do Club sería potenciar a escola deportiva de baloncesto, con ámbito comarcal, nas que se impartirían técnicas e se formarían futuros xogadores/as, que terían como destino ser parte integrante de equipos de categoría autonómica e nacional do C.B. Noia. Dende entón a Escola de Baloncesto é o pilar máis importante do club.
Desde o 2006 ata a actualidade, o Club Baloncesto Noia organiza, no verán, un Campus de Baloncesto Base para nenos/as de idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos, que durante unha semana disfrutan do baloncesto con adestradores profesionais de recoñecido prestixio e xogadores de todas as categorías. Polo Campus de Noia pasaron adestradores como: Moncho López (seleccionador nacional), Arturo Ferraces, Peli Castro, Jorge Queiro, Luís Forés, Iago López, Fran Varela, Juan Filgueiras, Chichón, Ángel Castro, Pichel, Isasi, Pablo Negreira, María Pose. E xogadores como: José Ángel Antelo, as irmáns Vilouta, Cutrín, Roi Pallares, Martín Insua, Jacobo Arufe, Santi Lorenzo, David Pazo, David Caldas, Charli Insua, ArantxaMallou,…
Na tempada 2005/06, por primeira vez desde a fundación do Club, o C.B. Noia tivo dous equipos infantís femininos federados, ademais do infantil masculino. A partires da tempada 2008/09 na Escola de Baloncesto adestraron e competiron en ligas federadas entre 50 e 60 rapaces/as de categorías preminibásquet, minibásquet, infantil masculino e feminino.
O Navibasket é un torneo de baloncesto para categorías base, que se celebra en Noia a primeiros de xaneiro. O C.B. Noia invita a clubs de toda Galicia e Norte de Portugal a pasar unhas xornadas adicadas a competicións, concursos e, sobre todo, á boa convivencia.
Desde o ano 2006 achegáronse a Noia máis de 1000 nenos/as dos seguintes clubs: Maristas de Coruña, Xiria Carballo, Pío XII, Rosalía de Castro, C.A.B. Arzúa, Célso Miguez, Arxil Pontevedra, Pavillón ABO Ourense, Celtas de Foz, COB Salesianos Ourense, Xuventude Cambados, Basket Coruña, A.C.B. Costa da Morte, Basket Base Club, Ribeira, Porriño, Porto do Son, C.B. Ponte de Lima de Portugal.
Dende xuño do 2009 Nucha Calvo Agraso é Presidenta do C.B. Noia, Luís Estévez (Vicepresidente), Marcos García Caamaño (Tesoureiro), Francisco Abeijón Núñez (Secretario), Ángel Méndez, Sonia Caamaño, Mª José Núñez e Xesús Sánchez Bugallo.
Na tempada 2009/10 o Club tivo 11 equipos: tres sénior (Primeira Nacional, Zonal masculino e feminino), dous júnior (masculino e feminino), cadete masculino, dous infantís (masculino e feminino), minibásquet masculino e dous preminis. Un total de 130 xogadores/as.
Adestraron a estes equipos: Juan Filgueiras, Luís Forés, Mon López, José Antonio Pérez, Jorge Queiro, Iago López, Santi Lorenzo, Carmen Lago, Iván Lorenzo, Ana Pérez, Brais Abeijón, Miguel Figueira, Kevin Silva, Paola García e Ángel Noya.
Os equipos femininos infantil e júnior xogaron en Liga FGB. O equipo de Primeira Nacional quedou subcampión da Fase de Ascenso a Liga EBA, tendo que renunciar ao ascenso por falta de presuposto. O senior zonal B masculino quedou campión da Liga, ascendendo a Zonal A. E o benxamín mixto tamén quedou campión de Liga. Conseguíronse melloras nas instalacións municipais: pintado do pavillón Alonso Rodríguez, arranxo do teito, cambio de ventanais, colocación de deshumidificadores, dúas canastras novas de minibásquet, dúas profesionais e a colocación de tarima na cancha.
O club colaborou ca Federación Galega de Baloncesto na organización de cursos de adestradores Nivel I e II, en Noia.
Na tempada 2010/11 o club tivo 10 equipos: Nacional senior masculino, Zonal senior fem., Zonal senior masc., junior masc., cadete masc., cadete fem., infantil masculino, Alevín masculino, Alevín feminino e Benxamín mixto.
Os adestradores nesta tempada foron: Mon López Campos, Jorge Queiro, Luis Forés, José Antonio Pérez, Iago López, Juan Filgueiras, Ángel Noya, Iván Lorenzo, Miguel Figueira e Paola Sandiás. Coordinador, Pío Furelos e Secretario Técnico, Mon López.
En xullo 2010 organizouse o V Campus e en xaneiro 2011 o VI Navibasket para categorías infantil e mini.
Organizouse o partido amigable entre o Obradoiro e o Básket Coruña en setembro do 2010 para inaugurar as obras do Alonso Rodríguez. Logo o adestrador do Obra, Moncho Fernández, e os xogadores Tuky Bulfoni e Alberto Corbacho, visitaron a Escola de Baloncesto e o Navibasket.
A Selección Española Sub-19 feminina estivo concentrada en Noia 10 días preparando o Mundial de Chile 2011, reuniuse cos nenos/as do Campus. Para conmemorar o 25 Aniversario da fundación do Club, editouse unha revista, mantivéronse encontros deportivos de antigos xogadores/as e celebrouse unha cea na que se reuniron deportistas, técnicos, afeccionados e persoas relacionadas co mundo do baloncesto, para render un homenaxe a persoas noiesas, nomeadas socios de honra, que destacaron pola súa labor altruísta neste Club: Juan Carlos Pérez Oviedo, Toñito López Hernando, Manolo Pérez Souto, Pepe Freire Arufe, José Luís García, Luís Estévez, Antonio Pallares, Xesús Sánchez Bugallo e, o xogador máis destacado do Club, José Ángel Antelo.
Na tempada 2011/12 o club tivo 11 equipos: Primeira Div. senior masculino (adestrado por Miguel Gómez), 2ª Div senior fem. (por Mon López), 3ª Div senior masc. (por Ángel Noya), 2ª Div junior masc (por Ángel Noya), 2ª Div. cadete masc. (por José Antonio Pérez), 2ª Div cadete fem (por Luis Forés), 2ª Div infantil fem (por
Óscar Mariño), 2ª Div infantil masculino (por Jorge Queiro), Alevín mixto (por Óscar Mariño), Alevín mixto (por Luis Forés) e Benxamín (por Iván Lorenzo).
O 17 e 18 de setembro do 2011 celebrouse a Fase Final da Copa Galicia en Noia, ca participación dos 4 mellores equipos galegos: COB Ourense, Basket Coruña, Breogán de Lugo e Obradoiro de Santiago de Compostela.
O club colaborou ca Asociación Paideia na integración, a través do deporte, de rapaces alemáns participantes no Proxecto LA IDA.
En xuño do 2011 celebrouse o VI Campus e en xaneiro o VII Navibasket ca participación de 12 equipos infantís e cadetes.
O V Torneo Feminino das Nacións, celebrouse no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia os días 18, 19 e 20 de maio do 2012, entre as seleccións galega, vasca e catalán. Con este torneo amigable, que cada ano se celebra nunha das tres comunidades autónomas, o C.B. Noia pretendeu impulsar o baloncesto feminino noiés, pois estiveron en Noia algunhas das mellores xogadoras da selección española, como Marta Xargai, Cindy Lima, Lucila Pascua, Laia Palau, Jael Freixanet, Tamara Abalde e Arantxa Mallou.
Na tempada 2012/13 o club tivo 12 equipos: Primeira Div. senior masculino (adestrado por Miguel Gómez), 2ª Div senior fem. (por Mon López), 3ª Div senior masc. (por Marcos Rey), 2ª Div junior masc (por Ángel Noya), 2ª Div junior fem. (por Luis Forés), 2ª Div. cadete masc. (por Jorge Queiro), 2ª Div infantil masculino (por Jorge Queiro), 2ª Div infantil fem 2º ano (por Óscar Mariño), 2ª Div infantil fem 1º ano (por Ángel González), Alevín mixto (por Luis Forés), Benxamín (por Iván Lorenzo) e Prebenxamín (por Ángel González).
Os equipos de Terceira Div. senior masc. e Segunda Div. infantil masculino quedaron subcampións de Liga.
En xullo do 2012 celebrouse o VII Campus e en xaneiro o VIII Navibasket ca participación de 13 equipos alevíns, infantís e cadetes.
A Selección Española de Baloncesto Feminino SUB 20 estivo concentrada en Noia a partir do 22 de xullo e ata o 10 de agosto de 2012, baixo a dirección da adestradora Anna Caula, para preparar o Europeo de Hungría, xogando en Noia o I Torneo internacional amistoso de preparación, entre as seleccións de España, Polonia, Holanda e Francia, do 3 ao 5 de agosto. Na tempada 2013/14 o club tivo 13 equipos: Primeira Div. senior masculino (adestrado por Miguel Gómez), 2ª Div senior fem. (por Mon López), 3ª Div senior masc. (por Ángel Noya), 2ª Div junior fem. (por Luis Forés), 2ª Div. cadete masc. (por Jorge Queiro), 2ª Div cadete fem. (por Mon López), 2ª Div infantil masculino federado (por Jorge Queiro), 2ª Div infantil masculino Liga Escolar (por Martín Insua), 2ª Div infantil fem. 2º ano (por Óscar Mariño), 2ª Div infantil fem. 1º ano (por Sergio Maceiras), Alevín mixto (por Luis Forés), Benxamín (por Pablo Maceiras) e Babybasket (por Luis Forés).
O infantil fem. foi campión de Liga. O junior fem. quedou subcampións da Liga, igual que o infantil masc., que ademais foi campión da Copa.
En xuño do 2013 celebrouse o VIII Campus «Vila de Noia-José Ángel Antelo». En agosto, o Torneo Cúbico. En xaneiro 2014, o IX Navibasket ca participación de 12 equipos infantís e cadetes. En abril do 2014 organizouse un Torneo Babybasket.
A Selección Española U20 Feminina concentrouse en Noia. O CB Noia colaborou na organización do II Torneo Internacional «Vila de Noia» entre as seleccións de España, Francia, Rusia e Turquía.
Na tempada 2014/15 o club tivo 13 equipos: Primeira Div. senior masculino (adestrado por Miguel Gómez e Ángel Noya), 2ª Div senior fem. (por Mon López), 3ª Div senior masc. (por Ángel Noya), 2ª Div junior masculino (por Jorge Queiro), 2ª Div. cadete masc. (por Jorge Queiro), 2ª Div cadete fem. 2º ano (por Mon López), 2ª Div cadete fem. 1º ano (por Luis Forés), 2ª Div infantil masculino (por Martín Insua), Alevín mixto (por Luis Forés), Benxamín mixto (por Iván Bugallo) e Premini (por Anxo Méndez). Ademais 1 equipo no CEIP A. Rodríguez Cadarso e outro no CEIP Felipe de Castro, adestrados por Luis Forés. En total 146 xogadores.
En xuño do 2014 celebrouse o IX Campus «Vila de Noia-José Ángel Antelo». En agosto, o Torneo Cúbico. En xaneiro 2015, o X Navibasket ca participación de 14 equipos infantís e cadetes. En xaneiro do 2015 organizouse un Torneo Babybasket.
A Selección Española U20 Feminina concentrouse en Noia en xuño do 2014. O CB Noia colaborou na organización do III Torneo Internacional «Vila de Noia» entre as seleccións de España, República Checa e Suecia. Ca firma dun convenio ca Fundación Paideia dótase ó club con equipos informáticos e material tecnolóxico para mellorar tecnolóxicamente as instalacións deportivas.