Cb noia azul 70 – Peleteiro 73
22/9 15/23 18-16 15/25
Vibrante encontro o disputado polo cadete masculino Azul fronte ao equipos compostelano do Peleteiro que finou en derrota para os amarelos por un axustado 70 a 73. Saían os noieses cun alto ritmo de xogo, o que gracias a rápidas transición eo acerto dende a liña de 6,75, abrían unha renda no marcador de 13 puntos ao remate do primeiro acto, destacar a perda de Dani Boo aos poucos intres de entrar ao terreo de xogo, non puidendo voltar a mesma. No segundo acto os compostelans impoñíanse neste parcial e recurtaban a a diferencia dos noieses a 6 puntos, 37 a 31.
Saían febles os locais tralo descanso, o que propiciaba que os Santiagueses do Peleteiro se achegasen ao marcador 40 a 38. Pouco a pouco, os noieses voltaban retomarlle o pulso ao encontro, e remataban o terceiro cuarto con 8 puntos de ventaxe, 55 a 47.
Novamente o equipo picheleiro, cun gran acerto dende a liña de 3, remaba para recurtar a diferencia no marcador, chegando se así cun empate a 62 a falta de 2:50 para o remate e con todo por decidir. Unha tripla compostelana poñia aos visitantes 1 arriba a falta de 2 minutos. Os noieses floxeaban no balance defensivo o que permitía aos colexiais unha renda de ata 6 puntos, 67 a 73. Chegabase aos ultimos 10 segundos con 3 abaixo e posesión para os amarelos que sacarían de campo de ataque. Terían dúas triplas os noieses para tentar levar o encontro a prórroga pero non acertaron co aro. Finalmente victoria compostelana 70 a 73 nun emocionante encontro que serviu como pistoletazo de saíada dunha nova tempada.