Cosmos Sarria 52 - 40 Pavimentos Noia

0
0
0
s2smodern

O sabado a expedición noiesa desplazouse á Vila de Sarria, no seu penúltimo partido da liga regular, unha vez amarrado o obxectivo da permanencia na categoría para medirse a un potente Sarria, onde militan moitos xogadores veteranos en categorías superiores.

 

A expedición Noiesa, como ven sendo habitual acudiu a Sarria moi mermada, pois Jesu Souto somentes dispuña de 7 xogadores para afrontar o encontro despois dunha semana de adestramentos irregulares.

Xa no partido, como era de prever os locais, cun equipo moito mais numeroso podían empregarse a fondo en defensa, sen medo a cometer faltas persoais dado o amplo do seu banquiño, mais o Pavimentos estaba a gusto co ritmo lento do partido e os guarismos baixos no marcador, que en principio o beneficiaban.

Na primeira parte os erros foron constantes nos dous lados nun calurosa parquet chegándose ó descanso cun 22-13  a prol dos locais.

Na reanudación o partido dou mais de sí, e a pesar de que os noieses continuaban por debaixo do marcador, comezaban a ver aro con algo máis de facilidade a pesar da pésima porcentaxe en triplas (1 de 23 ó final do encontro)

No último cuarto, nun arreon do Pavimentos da man de Martino, MVP neste partido, conseguía achegarse a un punto no marcador, mais o cansancio final, e a asunción por parte do base local Ruben Pernas das rendas do seu equipo fixo que o partido rematase co 40-52 final, impoñendose o Cementos ó Pavimentos.

Anotadores: Nachete (2), Antonio (5), Rico (5), Chechu (11), Pablo (4) e Martino (12).

0
0
0
s2smodern

Lotería Navidad

Patrocinadores

Instituciones

Galería fotos Picasa

Canal Youtube C.B. Noia

Facebook C.B. Noia

twitter C.B. Noia