Pavimentos Noia 62 - Estudiantes Lugo 70

0
0
0
s2smodern

PRIMEIRA DIVISIÓN

Non puido pechar a tempada 2015/16 o Pavimentos Noia de Jesu Souto con victoria, a pesares diso, pecha a campaña cun segundo posto no grupo A2 da Primeira División autonómica, o que certifica a continuidade na categoría.

 

O sábado visitou o Alonso Rodriguez o Estudiantes de Lugo, e como sucedese o sábado anterior, volvían a enfrontarse os equipos de Noia e Lugo trala aplastante victoria en Lugo, mais os actores no conxunto lucense non eran os mesmos ó recuperar os xogadores xuvenís procedentes do campionato de España.

Comezou o partido cun Pavimentos Noia sabendo ler moi ben as súas vantaxes, desta volta os pivots noieses estaban en desvantaxe fronte a un equipo lucense moi reforzado cos xuvenis, e abusando do seu tiro exterior, namentres o Estudiantes buscaba ó xogador serbio de 2,05 metros dentro da pintura o que fixo que se chegase a un 16-15 no primeiro cuarto.

Tras o paso polo banco, os lucenses comezaron a apretar as clavixas en defensa e a practicar un xogo baseado no contraataque que os locais non souberon frear provocando o despegue no marcador do conxunto lucense.Esta foi a tónica de todo o choque ate o terceiro cuarto no que os lucenses chegaron a ter unha vantaxe de 19 puntos.

No último cuarto os locais sacaron o carácter, apretaron en defensa reducindo a diferencia ate os 3 puntos de vantaxe, mais os lucenses souberon facer uns bos ataques finales levando a victoria do Alonso.

Tódolos xogadores agradecen á afición o apoio prestado durante todo o ano.

Anotadores: Antonio 8, Chechu 9, Martin 3, Pablo 11, Maceiras, Roi 10, Alex 10, Iván 3, Xandre 2 e Adrián 6.

0
0
0
s2smodern

campus 2018

Patrocinadores

Instituciones

Galería fotos Picasa

Canal Youtube C.B. Noia

Facebook C.B. Noia

twitter C.B. Noia