Finaliza XI Navibasket Vila de Noia

0
0
0
s2smodern

 

No XI Navibasket Vila de Noia participaron en total 20 equipos de distintos clubs: CB Noia (Club organizador), AD Cortegada (de Vilagarcía de Arousa), CB Porto do Son, CB Santa Baia (de Boiro), CD GaloGrin, Compañía de María de Santiago.

En categorías baby e premini a competición foi máis lúdica que propiamente competitiva, é dicir, sen marcador, porque non importaba o resultado, pero si o pasalo ben. Na categoría mini disputabase competición en formato cuadrangular, ao igual que na categoría infantil masculina.

 

Entre partidos, os xogadores poideton disfrutar de diferentes actividades organizadas polo CB Noia: tatuaxes, karaoke, xogos tradicionais, ping-pong, etc, ... que fixeron as delicias dos pequenos e dos máis maiores.

Na categoría mini, o equipo vencedor foi o de Compañía de María e en segundo lugar, o de Enseñanza. En categoría infantil masculina, o campión foi o equipo de Cortegada e en segundo lugar, o Liceo de Noia.

O MVP do torneo mini foi Marcos Montoto de Compañía de María; e da categoría infantil, Pablo Fernández do Cortegada.

As 20:30h diuse por finalizado o torneo ca entrega de trofeos por parte do Alcalde de Noia, Miguel Paz, o Concellal de Deportes, Agustín Mourís, o Presidente da Sociedad Liceo de Noia, Óscar Prego, e a Presidenta do CB Noia, Nucha Calvo.

Os pequenos pasaron un día marabilloso disfrutando do baloncesto, dos xogos, dos amigos e do bo ambiente, que foi a tónica dun día moi especial para todos eles.

Gracias a todos por participar, dun xeito ou doutro no torneo: ás nais que colaboraron facendo bocadillos; á directiva, que estivo pendente de todo o que se necesitaba; ós adestradores, árbitros, coordinador (con migraña e todo), patrocinadores e Concello.

Gracias a todos os clubes participantes e noraboa polo bo comportamento dos xogadores.

0
0
0
s2smodern

Lotería Navidad

Patrocinadores

Instituciones

Galería fotos Picasa

Canal Youtube C.B. Noia

Facebook C.B. Noia

twitter C.B. Noia