Finaliza o XII Navibasket "Vila de Noia"

0
0
0
s2smodern

Dous extraordinarios días cheos de emocionantes partidos de baloncesto

Foron dúas xornadas intensas, cheas de partidos, concursos, xogos...pero sobre todo de moita diversión e disfrute polo basket. Un total de 300 participantes e 24 equipos disfrutaron da convinvencia do torneo.

 

O sábado foi o turno do minibasket nas categorías de babybasket, mini masculino e mini femenino, os equipos participantes foron o Cía. María, Obradoiro, Ames, Vilagarcía Sigaltec, SJC Cluny e os equipos Liceo Noia.

Mentres co domingo se disputo o torneo nas categorías infantil femenino, cadete masculino e junior femenino. Os equipos participantes chegaron dende diferentes puntos da xeografía galega.

Clasificación final:

 - Junior feminino: 1º Trebons de Oleiros, 2º Seis do Nadal de Vigo, 3º Noia e 4º Río Ulla de Pontecesures.

 - Cadete masculino: 1º Autos Patiño Noia, 2º Costa da Mortede Cee, 3º Basketdeza de Lalin e 4º Rianxo.

 - Infantil feminina: 1º Río Ulla de Pontecesures, 2º Liceo Noia, 3º Seis do Nadal de Vigo e 4º CAB Pontevedra.

Queremos dar as gracias a todos os equipos participantes, así como a todos os voluntarios, patrocinadores, Concello de Noia e, por suposto, a todos os membros do clube, tanto adestradores coma directiva, por facer posible este torneo.

Moitas gracias a Xoaniña Animacións de Noia que se ocupou de manter aos peques moi entretidos, disfrutando a tope entre partido e partido.

Esperamos contar con todos vós o próximo ano.

0
0
0
s2smodern

Lotería Navidad

Patrocinadores

Instituciones

Galería fotos Picasa

Canal Youtube C.B. Noia

Facebook C.B. Noia

twitter C.B. Noia