

Marcos Gato nova incorporación

O ala-pivot procede do Obradoiro de Liga E.B.A. onde promediou 16 puntos de media en 30 minutos de xogo.
Marcos Gato é todo un histórico no baloncesto galego ,ao longo da súa carreira pasou por diversos clubes coma Riveira , Portas , Pontevedra ,...
Marcos co seu 1,93 cm caracterízase por ser un gran anotador ,reboteador e un xogador espectacular poñendo tapóns.
Marcos coincidirá con vellos compañeiros coma Aitor que cando eran xuvenís chegaron a fase final do campionato de España.Así como co seu adestrador que concidiu de compañeiro no Portas na antigua 2ª división.
O Noia está á espera de pechar a outro aleiro a finais desta semana e a posibilidade dun 5 grande.
Jorge Queiro entrenador axudante
Jorge será o recambio de Pio furelos nas funcións de entrenador audante no equipo de primeira nacional.
Filgueiras e Queiro xa formaron tandén adestrando o equipo na 1ª autonómica na tempada 2005 -06.
Queiro será o encargado de levar o scauting dos rivales e o traballo específico con homes interiores.
Miguel Figueira o novo base do C.B.Noia
O Xogador arxentino posue un gran físico,capaz de exercer duras defensas presionantes sobre os rivais.
Miguel é un base que ten a capacidade de combinar un ritmo alto de xogo con boas decisións , así como organizar en estático ao seu equipo.
Destaca tamén a súa gran porcentaxe no tiro de 3 puntos e de media distancia.
Ángel será o delegado do primeiro equipo.
O que na pasada tempada exercera coma delegado de campo,nesta tempada pasará a ser o delegado do equipo de 1ª Nacional.
Ángel que xa exerceu como tal na fase de ascenso creou unha grande admiración na plantilla polo seu gran traballo e estará todo o ano co equipo. Noraboa e boa sorte na túa nova tarefa.
Santi ficha no Rosalía de liga E.B.A.
O C.B. Noia quere agradecerlle a Santi todo o traballo realizado dando moi bos momentos tanto a nivel deportivo coma humano.
Dende o clube queremos desexarte moita sorte na túa nova andaina e que sexa o primeiro paso dunha longa carreira baloncestística. 
Aitor e Fran Ferraces unha tempada máis con nós.

Os dous xogadores máis veteráns da anterior campaña seguirán sendo uns dos referentes do equipo.
Tanto Fran coma Aitor ca súa experiencia axudan a que o equipo sepa xestionar correctamente os momentos difíciles dos encontros.
Por outra banda celebrar o regreso ás pistas de Yago ,un xogador versátil que pode xogar en moitas posicións e con moito carácter.
O clube renuncia a liga EBA .
O C.B.Noia en Facebook









